Pobo purépecha
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os purépechas (etnónimo p'urhépecha [pʰuˈɽepet͡ʃa]) son un pobo indíxena que habita primordialmente no estado de Michoacán, no México. Actualmente hai mesmamente grupos migrantes establecidos noutros estados da República Mexicana, así como nos Estados Unidos. Actualmente dedicanse á agricultura e a gandaría.
Datos rápidos Poboación, México ...
Pobo purépecha | |
---|---|
Nenos purépecha. | |
Poboación | |
Poboación total: Total: 141 177 (censo de 2015)[1] | |
Rexións principais: | |
México | Michoacán |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua purépecha e castelán |
Relixión | catolicismo e relixión purépecha |
Pechar
Foron chamados tarascos polos españois,[2] sendo esta a hispanización dunha palabra da súa lingua que significa "cuñado" ou "sogro". As razóns desta denominación foron discutida durante moito tempo, sen que exista un acordo ao respecto.