pobo indíxena do Canadá From Wikipedia, the free encyclopedia
Os tsimshiam (en tsimshian: ts’msyan) son un pobo indíxena de América do Norte. As comunidades tsimshian viven principalmente na costa da Columbia Británica e no sur de Alasca, preto de Terrace e Prince Rupert no Canadá, e na illa Annette en Alasca. Os tsimshian constan duns 10 000 membros (incluíndo os kitselas, kitsumkalum, e as "tribos aliadas" dos lax kw'alaams; os metlakatla, kitkatla, gitga'at na baía Hartley, e kitasoo en Klemtu). Os tsimshian son unha das Primeiras Nacións meirandes do norte da Columbia Británica. Algúns tsimshian migraron cara á illa Annette, onde os seus descendentes forman a comunidade india Metlakatla.
Pobo tsimshian | |
---|---|
Músico tsimishian en 1999. | |
Poboación | |
Poboación total: 8 162 | |
Rexións principais: | |
Canadá | 5 910 (Columbia Británica)[1] |
Estados Unidos | 2 252 (Alasca)[2] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Linguas tsimshian |
Relixión | Relixión tradicional |
Ó igual que outros pobos indíxenas de América, os tsimshian teñen un sistema de parentesco matrilinear, cunha estrutura social baseada no clan, chamado moiety. A herdanza e a propiedade son contemplados a través da liña materna. Os antropólogos e os lingüísticas clasificaron os gitksan e os nishga como tsimshian polas súas aparentes afinidades lingüísticas. Os tres falan o coñecido como tsimshian da costa, malia que algunhas das comunidades non son costeiras. Porén, estes tres grupos identifícanse como nacións separadas.
Os tsimshian falan unha lingua, que eles chaman sm'algyax, que quere dicir "lingua real ou verdadeira". Tamén falan unha variedade semellante á dos gitxsan e á dos nisga’a, pero que conta con diferenzas rexionais. En 2016, só 160 persoas no Canadá eran falantes de tsimshian.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.