Políglota
From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo políglota[1] refírese a unha persoa versada en varios idiomas, ou a un texto escrito noutros tantos, reservándose o termo bilingüe para aqueles que dominan dous, e trilingüe para aqueloutros que dominan tres idiomas.
Un dos políglotas máis coñecidos é o emperador do Sacro Imperio Carlos V, falante nativo de neerlandés ou flamengo, que nunha ocasión afirmou que se dirixía ao seu cabalo en alemán, que conversaba coas mulleres en italiano e cos homes en francés, e que reservaba o español para as súas conversas con Deus.[2]