Parque Empresarial de Agrela
polígono industrial na Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
O parque empresarial de Agrela[1][2] é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no concello da Coruña, promovida polos antecesores da SEPES[3]. Foi creado en 1961, o que o converte no máis antigo de Galicia, e conta cunha superficie de 1 421 818 metros cadrados. Leva o nome das localidades próximas da Grela e Bens.
Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Parque Empresarial de Agrela | |
---|---|
Sede do Grupo Hijos de Rivera e factoría de Estrella Galicia. | |
Tipo | polígono industrial |
Data de fundación | 1961 |
En | A Coruña |
País | Galicia |
43°21′09″N 8°25′21″O | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Nel están instaladas máis de 550 empresas, que xeran máis de 20 000 empregos directos, algunhas de grande relevancia a nivel autonómico como Alcoa, Comar, Hijos de Rivera, R, Alba Conde, Cafés Siboney, Dielectro Industrial, Kina Fernández, Eulen, Ipasa, Repsol, SGL Carbon, Vodafone, Marineda City ou Voz Audiovisual. No polígono teñen sede os concesionarios de Toyota, Opel, Fiat, Ford e Nissan.