Porqueta
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha porqueta[1] ou porca[2] é unha peza mecánica cun burato central, o cal presenta unha rosca, que se emprega para axustar a un parafuso, en forma fixa ou deslizante. A porca permite suxeitar e fixar unións de elementos desmontables. En ocasións, pode agregarse unha arandela para que a unión peche mellor e quede fixa. As porcas fabrícanse en grandes producións con máquinas e procesos automatizados.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Porca.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
A porca sempre debe ter as mesmas características xeométricas do parafuso co que se axusta, polo que está normalizada segundo os sistemas xerais de roscas.