Portal:A Coruña
From Wikipedia, the free encyclopedia
Artigo destacado
Luar na Lubre é grupo de folk galego creado na Coruña en 1985. Trátase dunha das bandas máis representativas do panorama folk galego. Obtiveron distintos premios, boas críticas, actuacións nos mellores escenarios e dous discos de ouro.
O grupo foi tecendo a súa traxectoria paseniñamente no eido musical galego até que a través da súa colaboración con Mike Oldfield nunha xira no ano 1992 tivo unha grande eclosión e a consecuencia desta deuse a coñecer a público ao que non chegara antes, isto viuse acrecentado pola versión que Oldfield fixo, e publicou con grande éxito, de "O son do ar" en The Voyager co título "The Song of the Sun", un tema instrumental do grupo. Na actualidade continúan a súa singradura no seu estilo e, ao tempo, experimentando con algunhas novidades. Lugar de interese
O Monte de San Pedro é un lugar da parroquia de Visma no concello da Coruña. Dende 1933 albergou unha batería de costa do exército, pero tralo abandono da mesma en 1996, o lugar foi convertido nun parque, aínda que se conservaron moitos elementos da antiga instalación militar, coma os canóns, algúns deles antiaéreos. Pódese acceder ao parque mediante un ascensor panorámico.
No monte de San Pedro existe unha duna fósil de 28 000 anos de antigüidade, e separadas do monte por unha canle de apenas 1 km atópanse as illas de San Pedro. O parque ten unha superficie de 78 339 m2 e foi inaugurado 1999 sobre a antiga área militar inaugurouse en 1999 un parque de 78 339 m2. No parque hai un estanque de parrulos, un labirinto vexetal e o Centro de Interpretación da batería. A Cúpula Atlántica é un miradoiro de 360º cuberto, inaugurado en 2010, localizado sobre un antigo depósito de auga. Imaxe destacada
Categorías
Biografía destacada
Luis Suárez Miramontes, nado na Coruña, no barrio de Montealto, o 2 de maio de 1935, é un ex futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española. Na actualidade forma parte do equipo técnico do Inter de Milán. Trátase do único Balón de Ouro galego e español, premio que acadou en 1960.
Tras iniciarse no fútbol no Perseverancia, equipo da parrroquia de Santo Tomás, pasou ás categorías inferiores do Deportivo da Coruña. Na tempada 1953–54 pasou a formar parte do primeiro equipo en Primeira División, da man de Carlos Iturraspe, debutando na máxima categoría fronte ao FC Barcelona, e dúas xornadas desoís marcaría o seu primeiro gol como deportivista fronte á Real Sociedad. En 1954 asinou polo equipo azulgrana, gañando nesa época Balón de Ouro (1960). En 1961 recalou no fútbol italiano, xogando primeiramente no Inter de Milán, onde gañou dúas Copas de Europa, e posteriormente na Sampdoria. Luis Suárez tamén foi adestrador e seleccionador nacional español, sen poder repetir os éxitos que tivera como xogador. Sabías que...?
Este mes
Cita destacada
Artigos de calidade e bos
editar Artigos de calidade (4)
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|