editar
O
Košarkaški klub Crvena zvezda (en
serbio: Кошаркашки клуб Црвена звезда,
Club de Baloncesto Estrela Vermella) é un equipo profesional de
baloncesto de
Belgrado (
Serbia) fundado en
1945. O nome de Crvena zvezda significa Estrela Vermella, e forma parte da Sociedade Deportiva Estrela Vermella de Belgrado.
O Crvena zvezda é xunto co Partizan Belgrado, o primeiro club de baloncesto de Belgrado, e de Serbia en xeral, en número de títulos acadados, con 15 títulos de liga. Porén, o Estrela Vermella acadou menos éxitos internacionais que o Partizan, ao conquistar só unha Recopa de Europa en 1974, pese a ter disputado dúas finais máis da Recopa e dúas finais da Copa Korać.
Compite na Košarkaška liga Srbije, a liga nacional de Serbia, que determina que equipos serbios xogan a Euroliga e cales a ULEB Eurocup. Tamén é membro da Adriatic Basketball Association, polo que tamén xoga na Liga do Adriático. Disputa os seus encontros no pavillón Pionir Hall de Belgrado, inaugurado en 1973. A cancha, que conta cunha capacidade para 8.150 espectadores, compártea cos seus rivais da cidade, o KK Partizan. Os fans do Crvena zvezda son coñecidos como "Delije".
editar
Belgrado (en
serbio:
Београд ou
Beograd) ten unha poboación de 1,2 millóns de habitantes (1
717
800 na área metropolitana). É a capital de
Serbia (desde 1817), e foi tamén a capital de
Iugoslavia (1918-2003) e de
Serbia e Montenegro (2003-2006).
Limita ao norte coa provincia autónoma de Voivodina (distritos de Srem, Central Banat e Sur Banat), ao E co distrito de Podunavlje, ao SE co distrito de Šumadija, ao SO co distrito de Kolubara, e ao O co distrito de Mačva. O alcalde é Nenad Bogdanović. Belgrado está dividida en 17 municipalidades (10 urbanas e 7 suburbanas).