Enerxía renovable
enerxía que se obtén de fontes inesgotables / From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase como enerxía renovable a aquela enerxía que se obtén de recursos naturais virtualmente inesgotables, unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen (por exemplo a enerxía xeotérmica), e outras por seren capaces de rexenerarse por medios naturais (a enerxía solar ou a eólica).[1] Sendo esta o conxunto de fontes de enerxía que periodicamente se atopan a disposición dos humanos e que estes son capaces de transformar en enerxía útil .[2] Consideramos que se rexeneran, ou se renovan, naturalmente de xeito máis rápido á velocidade que as consumimos. Algúns exemplos son a calor solar, o vento, as mareas e a calor dentro da terra.
Enerxías renovables |
---|
Biodiésel Biomasa Enerxía xeotérmica Enerxía hidráulica Enerxía solar Enerxía mareomotriz Enerxía undimotriz Enerxía eólica |
En xeral son fontes de enerxía dispersa ou moi pouco concentrada, por exemplo só un 5% da irradiación solar é absorbida polo chan e menos aínda, un 0'3 %, o é polas plantas. Moitas dependen da xeografía e do clima, de modo que non todos os sistemas de calquera tipo de enerxías renovables pódense instalar en calquera lugar. Outra característica bastante xeral é que é aleatoria, é dicir variable e non controlable no tempo e tamén no espazo. Isto fai que sexa imprescindible o uso de sistemas de almacenamento de enerxía, que a gardan a medida que se xera, por un tempo máis ou menos limitado, para que sexa usada segundo a demanda do seu consumo.
No ano 2006, aproximadamente o 18% do consumo mundial de enerxía fora xerado por fontes renovables.[3] As Nacións Unidas declararon o ano 2012 como o Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos.[4]