satélite interior de Urano From Wikipedia, the free encyclopedia
Portia é un satélite interior de Urano. Foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 3 de xaneiro de 1986, e déuselle a designación temporal deS/1986 U 1[7]. A lúa recibiría máis tarde o nome de Portia, a heroína da obra de William Shakespeare, O mercador de Venecia. Tamén foi designada Urano XII[8].
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Stephen P. Synnott / Voyager 2 |
Descuberta en | 3 de xaneiro de 1986 |
Características orbitais | |
Semi-eixo maior | 66.097,265 ± 0,050 km[1] |
Excentricidade | 0,00005 ± 0,00008[1] |
Período orbital | 0,5131959201 ± 0,0000000093 d[1] |
Inclinación | 0,05908 ± 0,039° (respecto do ecuador de Urano)[1] |
Satélite de | Urano |
Características físicas | |
Dimensións | 156 × 126 × 126 km<[2] |
Radio medio | 67,6 ± 4 km[2][3][4] |
Área superficial | ~57.000 km²[5] |
Volume | ~1.300.000 km³[5] |
Masa | ~1,7 x 1018 kg[5] |
Densidade media | 1,3 g/cm3 (estimada)[3] |
Gravidade superficial | ~0,023 m/s2[5] |
Velocidade de escape | ~0,058 km/s[5] |
Período de rotación | sincrónica[2] |
Oblicuidade da eclíptica | cero[2] |
Albedo | 0,08 ± 0,01[6] 0.07[3][4] |
Temperatura superficial | ~64 K[5] |
Portia é o segundo satélite interior máis grande de Urano despois de Puck. Portia orbita Urano dentro do radio das órbitas sincrónicas, polo cal está nun lento proceso de caída cara ao planeta debido o efecto das mareas gravitatorias. A lúa podería algún día esnaquizarse e converterse nun anel planetario ou estrelarse contra Urano.
Portia lidera o grupo de satélites chamados Grupo Portia, o cal inclúe a Belinda, Bianca, Desdémona, Crésida, Xulieta, Cupido, Rosalinda e Perdita.[6] Estes satélites teñen características orbitais e propiedades fotométricas semellantes[6]. Por desgraza, a parte da súa órbita,[1] o seu radio de 67,6 kms[2] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[6], pouco máis se sabe deste astro.
As imaxes da Voyager 2 amosan a Portia coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara Urano. A taxa de relación entre os eixos de Portia é de 0,8 ± 0,1[2], o que lle outorga unha forma elipsoidal. A súa superficie é de cor gris.[2] Observación feitas co Telescopio Hubble e con grandes telescopios terrestres deron con liñas de absorción de xeo de auga no espectro de Portia.[6][9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.