Premio Abel
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Premio Abel /ˈɑːbəl/ (noruegués: Abelprisen) é un premio noruegués concedido anualmente polo goberno noruegués a un ou máis matemáticos destacados.[1]
O premio recibe o nome do matemático noruegués Niels Henrik Abel (1802–1829) e segue o modelo dos premios Nobel;[2][3][4][5][6][7] foi establecido en 2001 e complementa o seu premio irmán en humanidades, o premio Holberg. Ten un galardón monetario de 7'5 millóns de coroas norueguesas[8] (NOK) (arredor de 770 000 euros, cambio de 2017).[9]
A cerimonia de entrega ten lugar no adro da facultade de dereito da universidade de Oslo, onde se entregou o premio Nobel da Paz entre 1947 e 1989.[10] O comité do premio tamén estableceu un simposio Abel, administrado pola Sociedade Matemática Norueguesa.[11]