Premio Nacional de Cine e audiovisual
premio de ámbito galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Premio Nacional de Cine e audiovisual foi un galardón outorgado pola Xunta de Galicia e concedido por un xurado de quince persoas de distintos ámbitos da cultura galega, como un dos dez Premios Nacionais da Cultura Galega.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Os premios concedéronse a creadores vivos que destacasen ese ano polo seu labor neste campo artístico do cinema e da creación audiovisual, ou en recoñecemento a unha traxectoria. O premio convocouse unicamente en 2008, edición na que os galardoados recibiron 15.000 euros de premio.
Aínda que con vocación de continuidade, a mudanza de goberno producida en 2009 supuxo a interrupción da convocatoria. Ao creárense en 2010 os Premios da Cultura Galega definiuse como continuadora a categoría Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual.