Premios da Cultura Galega
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Premios da Cultura Galega son uns galardóns concedidos pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas que destacasen nese ano polo seu labor en diversos campos artísticos. Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas.
Non confundir con Premios Nacionais da Cultura Galega, predecesores destes.
Os premios convocáronse rodeados de polémica[1] por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única edición[2]. A diferenza dos anteriores, os premios non teñen dotación económica.