Premio Nacional de Investigación
premio do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de España / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Premios Nacionais de Investigación de España son unha serie de premios outorgados polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades cunha dotación de 30.000€ para cada categoría. Estes premios comezáronse a outorgar a partir do ano 1982 a investigadores de nacionalidade española en activo que «estean a realizar un labor destacado en campos científicos de relevancia internacional e que contribúan excepcionalmente ao avance da ciencia, ao mellor coñecemento do ser humano e a súa convivencia, á transferencia de tecnoloxía e ao progreso da Humanidade».[1]
Orixinalmente e até 1999, os premios estaban nomeados en honra ao rei Juan Carlos I, e eran tres (Premio Nacional Rei don Juan Carlos I para os Novos Investigadores; Premio Nacional Rei don Juan Carlos I á Investigación Científico-Técnica e o Premio Nacional Rei don Juan Carlos I á Investigación Humanística e Científico-Social) e a partir de 2011, mudaron a denominación e quedaron establecidos nos 10 actuais;[2] se ben, cada ano convócanse en só 5 das áreas establecidas.