Premio Numismático Ya'akov Meshorer
condecoración numismática / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Premio Numismático Ya'akov Meshorer (en hebreo: פרס יעקב משורר לנומיסמטיקה; en inglés: Ya'akov Meshorer Numismatic Prize) é un recoñecemento outorgado pola sección de arqueoloxía do Museo de Israel, en Xerusalén, en lembranza do que fora o seu conservador xefe ata 2000, Ya'akov Meshorer.[1]
Datos rápidos Premio Numismático Ya'akov Meshorer, Estadísticas ...
Premio Numismático Ya'akov Meshorer | |
---|---|
Outorgada polo Museo de Israel | |
Tipo | Recoñecemento. |
Graos | Único. |
Elixibilidade | Investigadores de calquera país. |
Outorgada por | Contribucións á investigación numismática. |
Descrición | Medalla e dotación económica. |
Estadísticas | |
Establecida | 2001 |
Primeira outorgada | 2002: Andrew Burnett. |
Última outorgada | Concesión vixente. |
Premiados | Ver listaxe no artigo. |
Pechar
O premio, sen unha periodicidade definida, está destinado a académicos, historiadores, numismáticos, organizacións, etc., que destaquen polas súas investigacións no ámbito da numismática.[1]
O Premio Numismático Ya'akov Meshorer foi establecido en 2001 grazas ás contribucións de colaboradores co Museo de Israel, entre os que destacan Abraham e Marian Sofaer, Maud e Arnold Spaer, Jeannie e David Hendin. [1][2]