numismático e xornalista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
David Bruce Hendin, nado en San Luís, Missouri o 16 de decembro de 1945, e un numismático estadounidense especializado en moeda bíblica e do pobo hebreo, moeda provincial romana e moeda nabatea.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de decembro de 1945. St. Louis, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense. |
Educación | Universidade de Missouri. |
Q89547790 | Estudos de moeda bíblica e do antigo Israel |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e xornalismo. |
Ocupación | xornalista , numismático |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Jeannie Luciano (1985). |
Fillos | Sara, Ben e Alexander Hendin. |
Premios | |
Véxase a sección “Recoñecementos”. |
Ao longo da súa carreira, Hendin tamén exerceu como xornalista médico, divulgador científico, e executivo editorial.
David Hendin estudou na Universidade de Missouri, onde se graduou en Bioloxía en 1967, e logo acadou o mestrado en Xornalismo na mesma universidade, en 1970.[1][2][3]
No curso 1967-1968 exerceu a docencia de Bioloxía na escola de secundaria Mollie Goodmanl, en Kfar Silver, preto de Ascalón, en Israel. Logo regresou aos Estados Unidos, onde foi profesor axudante na facultade de Xornalismo da Universidade de Missouri, entre 1969 e 1986, ao tempo que dirixía o Programa de Xornalismo Científico de Nova York.[1]
Durante o curso 1975-1976 foi tamén profesor axudante de xornalismo científico e médico na Universidade Columbia.[1]
A súa actividade como divulgador científico levouno, a partir de 1970, a colaborar con diversas entidades editoriais —nalgúns casos en postos de responsabilidade—, como World Almanac/Pharos Books ou United Media/United Feature Syndicate.[1]
David Hendin traballou tamén como axente literario para outros autores.[4]
O seu interese pola numismática focalizouse desde o inicio na moeda bíblica e do antigo Israel, na moeda provincial romana e na moeda nabatea. En 1985 e 1986 participou como numismático xefe no proxecto Sepphoris, desenvolvido conxuntamente pola Duke University, de Durham, e pola Universidade Hebrea de Xerusalén. En 2011 incorporouse igualmente ao mesmo proxecto, continuado en solitario pola Duke University. [1][2][3]
É autor de varios libros de referencia na numismática hebrea, sinaladamente Guide to Ancient Jewish Coins (1976), que conta xa con seis edicións. Como editor, Hendin colaborou con Ya'akov Meshorer en Ancient Jewish Coinage (1982), na edición inglesa de A Treasury of Jewish Coins (2001) e en Coins of the Holy Land (2006).[2][3]
A traxectoria numismática de David Hendin está moi vinculada á American Numismatic Society, na que ingresou en 1976 e que o nomeou conservador honorario en 2010 e vicepresidente en 2017.[5] En 2022 foi profesor nesta entidade, na materia de Moedas Bíblicas e de Xudea.[1][2][3] En xaneiro de 2023, Hendin doou 335 pezas da súa colección de moedas antigas do mundo xudeu para as incluír nunha poxa numismática cuxos beneficios foron destinados integramente aos fondos da American Numismatic Society.[6]
Tamén impartiu conferencias e cursos sobre numismática bíblica en universidades de todo o mundo, entre elas o University College (Londres), a Universidade de Nottingham, a Universidade Americana de Beirut, a Universidade de Göthenberg (Suecia), a Universidade Al Quds de Xerusalén, a Universidade Hebrea, a Universidade Columbia, a Universidade Yeshiva, o Museo de Israel e o Museo Nacional de Israel.[2][3]
Estes son algúns dos galardóns acadados por David Hendin ao longo da súa carreira:[1][2][3]
David Hendin casou en 1985 con Jeannie Luciano, que chegou a ser vicepresidenta e directora editorial da compañía W. W. Norton. Con ela tivo tres fillos: Sarah, Ben e Alexander.[2][3]
Hendin publicou, ao longo da súa carreira académica, máis de 200 artigos na revista numismática The Celatorentre 1984 e 2010, e tamén foi un colaborador habitual doutras publicacións, como The Numismatist, American Journal of Numismatics, Numismatic Review, Israel Numismatic Journal ou Israel Numismatic Research. Tamén foi autor de varios traballos monográficos, dos que aquí se escolman as máis representativas:[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.