Presidente dos Emiratos Árabes Unidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O presidente dos Emiratos Árabes Unidos ou o Raʾīs (en árabe: رَئِـيْـس) é o xefe de Estado dos Emiratos Árabes Unidos.
Presidente dos Emiratos Árabes Unidos | |
---|---|
Tratamento | Súa Alteza Real |
Sede | Abu Zabi |
Ámbito | Emiratos Árabes Unidos |
Designado por | Consello Federal Supremo |
Creación | 2 de decembro de 1971 |
Primeiro titular | Zayed bin Sultan Al Nahyan |
Sitio web | www.government.ae |
O presidente e o primeiro ministro son elixidos cada 5 anos polo Consello Supremo Federal. Normalmente, un xeque do Emirato de Abu Zabi exerce a presidencia e un xeque do Emirato de Dubai actúa como primeiro ministro. O xeque Zayed bin Sultan Al Nahyan é o pai fundador dos EAU e está considerado a persoa que uniu os sete emiratos nun país. Foi o primeiro presidente dende a fundación da nación até a súa morte o 2 de novembro de 2004. Ao día seguinte o Consello Supremo Federal elixiu o seu fillo, o xeque Khalifa bin Said Al-Nahian, para substituílo.[1] O Presidente é tamén o comandante en xefe das Forzas Armadas dos EAU.
O actual presidente é Mohamed bin Said Al-Nahian, que se converteu en presidente trala morte do seu medio irmán Khalifa bin Said Al-Nahian en 2022.