Principado teocrático de Montenegro
estado montenegrino desde 1516 a 1851 / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Principado teocrático de Montenegro ou Principado-Bispado de Montenegro (en montenegrino e en serbio Владикат Црна Гора, Vladikat Crna Gora) foi un Estado teocrático que comprendía o estado montenegrino que existiu desde 1516 a 1851. Xurdido do bispo de Cetinje (bispos ortodoxos serbios, máis tarde metropolitanos) cando renunciou á soberanía otomá e transformou o bispado de Cetinje a un protectorado ruso de facto, gobernando polos píncipes-bispos (Vladika).[1][2][3]
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Cetinje | |||
Poboación | ||||
Poboación | 60.000 | |||
Lingua oficial | lingua montenegrina | |||
Relixión | Cristianismo ortodoxo | |||
Xeografía | ||||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1516 (Gregoriano) | |||
Disolución | 13 de marzo de 1852 | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | absolute theocratic monarchy (en) | |||
Moeda | Montenegrin perun (en) | |||
A súa historia comeza con Danilo Šćepčević (Daniel Šćepčević), un bispo de Cetinje ao que se uniron varios clans de Montenegro na loita contra o Imperio Otomán, que ocupara a maior parte do sueste de Europa. O Vladika Danilo foi o primeiro príncipe-bispo da Casa Petrovic-Njegoš, que ocuparía o cargo de metropolitanato de Cetinje até 1851, cando Montenegro se converteu nun Estado laico (Principado) baixo Danilo Petrović-Njegoš.
Xa o fora antes, durante un breve período (1767-1773), unha monarquía, cando o impostor Estevo o Pequeno postulouse como emperador de Rusia e coroouse a si mesmo como Señor de Montenegro.