Prometeo (lúa)
satélite natural de Saturno / From Wikipedia, the free encyclopedia
Prometeo (en grego Προμηθέας) é unha lúa interior de Saturno. Foi descuberta en outubro de 1980 (algúns días antes do 25 de outubro) a partir de imaxes tomadas pola sonda Voyager 1, e foi designada provisionalmente coma S/1980 S 27.[3] A finais de 1985 recibiu o nome oficial de Prometeo, un Titán da mitoloxía grega.[4] Tamén é coñecida coma Saturno XVI.[5]
- Non confundir co asteroide chamado 1809 Prometheus.
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Collins, Voyager 1 |
Descuberta no | outubro de 1980 |
Designación alternativa | Saturno XVI |
Características orbitais[1] | |
Eixo semi-maior | 139.380 ± 10 km |
Excentricidade | 0,0022 |
Período orbital | 0,612990038 días |
Inclinación | 0,008 ± 0,004° (respecto do ecuador de Saturno) |
Satélite de | Saturno |
Características físicas | |
Dimensións | 119×87×61 km [2] |
Radio medio | 43,1 ± 2,0 km [2] |
Área superficial | ~23.000 km2 |
Volume | ~340.000 km3 |
Masa | 1,566 ± 0,019 x 1017 kg [1] |
Densidade media | 0,47 ± 0,07 g/cm³ |
Gravidade superficial | ~0,003 m/s2 |
Velocidade de escape | ~0,019 km/s |
Período de rotación | sincrónica |
Albedo | 0,6 |
Oblicuidade | cero |
Temperatura | ~74 K |
Esta pequena lúa é extremadamente alongada, cunhas dimensións de 119 x 87 x 61 kms. Ten varias cristas, vales e un bo número de cráteres que poden acadar 20 kms de diámetro, con todo ten menos cráteres cás súas lúas veciñas Pandora, Epimeteo e Xano. A partir da súa baixa densidade e albedo relativamente alto, pódese deducir que Prometeo é un corpo xeado moi poroso.
Prometeo actúa coma lúa pastor da parte interior do anel F. Imaxes recentes tomadas pola sonda Cassini amosa que a gravidade de Prometeo crea ondas e regueiros de material no anel F, coma se a lúa lle roubase algo de material ó anel. A órbita de Prometeo é caótica, coma consecuencia da resonancia orbital con Pandora. Os cambios máis apreciables ocorren aproximadamente cada 6,2 anos,[1] cando a periapse de Pandora coincide coa apoapse de Prometeo, no momento en que as lúas se aproximan entre elas a uns 1400 kms. Prometeo tamén está visiblemente perturbada por Atlas.