Prometheus (filme)
filme de 2012 dirixido por Ridley Scott / From Wikipedia, the free encyclopedia
Prometheus é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por Ridley Scott que se estreou no 2012. Foi escrito por Jon Spaihts e Damon Lindelof, e está protagonizado por Noomi Rapace, Michael Fassbender, Guy Pearce, Idris Elba, Logan Marshall-Green e Charlize Theron. Está ambientado a finais do século XXI e a historia céntrase na tripulación da nave espacial Prometheus, que está a seguir as indicacións dun mapa estelar descuberto en numerosas civilizacións antigas. Na procura da orixe da humanidade, a tripulación chega até un mundo distante e descobre unha ameaza que podería causar a extinción da raza humana.
Datos rápidos Prometheus, Ficha técnica ...
Prometheus | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Prometheus |
Director | Ridley Scott |
Produtor | Ridley Scott David Giler Walter Hill |
Guión | Jon Spaihts Damon Lindelof |
Intérpretes | Noomi Rapace Michael Fassbender Guy Pearce Idris Elba Logan Marshall-Green Charlize Theron |
Música | Marc Streitenfeld |
Fotografía | Dariusz Wolski |
Montaxe | Pietro Scalia |
Estudio | Scott Free Productions Brandywine Productions |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 2012 |
Duración | 124 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ficción científica |
Orzamento | $130 000 000[1] |
Recadación | $403 400 000[2] |
Filme seguinte | Alien: Covenant |
Na rede | |
http://www.projectprometheus.com/ e http://www.prometheus-movie.co.uk/ | |
Pechar
A súa secuela, Alien: Covenant, foi estreada no 2017.