From Wikipedia, the free encyclopedia
A proopiomelanocortina (POMC) é un polipéptido precursor de 241 aminoácidos a partir do que se orixinan diversas hormonas. Á súa vez o POMC deriva doutro polipéptido precursor máis grande de 285 aminoácidos chamado pre-proopiomelanocortina (pre-POMC), do que se elimina o péptido sinal de 44 aminoácidos durante a tradución.
Derivados da proopiomelanocortina | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Proopiomelanocortina | |||||||||
γ-MSH | ACTH | β-lipotropina | |||||||
α-MSH | CLIP | γ-lipotropina | β-endorfina | ||||||
β-MSH |
O xene que codifica o POMC está localizado no cromosoma 2 locus 2p23.3. O xene POMC exprésase nos lóbulos anterior e intermedio da hipófise ou pituitaria. O xene codifica un péptido de 285 aminoácidos precursor de hormonas que sofre un intenso procesamento postraducional específico do tecido, no que é cortado polos encimas similares á subtilisina chamados prohormona convertases. A proteína codificada sintetízase principalmente nas células corticotropas da adenohipófise, onde pode ser cortada en catro puntos. Os principais produtos orixinados son a hormona adrenocorticotropa (ACTH), esencial para unha esteroidoxénese normal e o mantemento do peso adrenal normal, e a β-lipotropina. Porén, hai polo menos oito sitios potenciais de corte no polipéptido precursor e, dependendo do tecido e da convertase dispoñible, o procesamento pode orixinar ata dez péptidos bioloxicamente activos implicados en diversas funcións celulares. Os sitios de corte teñen as secuencias, Arg-Lys, Lys-Arg ou Lys-Lys. Entre os encimas responsables do procesamento dos péptidos do POMC están a prohormona convertase 1 (PC1), prohormone convertase 2 (PC2), carboxipeptidase E (CPE), peptidil α-amidante monooxixenase (PAM), N-acetiltrasferase (N-AT), e prolilcarboxipeptidase (PRCP).
O procesamento do POMC implica glicosilacións, acetilacións, e cortes proteolíticos en sitios que conteñen rexións con secuencias básicas. Porén, as proteases que recoñecen estes sitios de corte son específicas de cada tecido. Nalgúns tecidos, como o hipotálamo, placenta, e epitelio, poden utilizarse todos os sitios de corte proteolítico, dando lugar a péptidos con funcións na homeostase da enerxía e dor, estimulación dos melanocitos, e modulaciñon inmunitaria. Entre eles están diversas melanotropinas, lipotropinas, e endorfinas, que están contidas na secuencia dos péptidos β-lipotropina e ACTH.
As mutacións neste xene foron asociadas co inicio temperán da obesidade, insuficiencia adrenal, e pigmentación vermella do pelo (ver roxo e cor do pelo). Foron descritas variantes alternativas orixinadas por splicing alternativo dos transcritos que codifican as mesmas proteínas.[1]
O POMC sintetízano as seguintes células:
A POMC é unha longa molécula a partir da que se orixinan importantes substancias bioloxicamente activas. O POMC pode ser cortado encimaticamente dando os seguintes once péptidos:
Aínda que os 5 aminoácidos N-terminais da β-endorfina son idénticos á secuencia da [Met]encefalina, non se cre xeralmente que a β-endorfina se converta en [Met]encefalina. A [Met]encefalina orixínase a partir do seu propio precursor, a proencefalina A.
A produción de β-MSH ten lugar nos humanos pero non se produce nos ratos e ratas debido á ausencia do sitio de procesamento encimático no POMC dos roedares.
A función da POMC é orixinar as hormonas peptídicas antes indicadas. Nas células cada un destes péptidos empaquétase en vesículas grandes e densas, que se liberan por exocitose en resposta a unha estimulación axeitada:
A proopiomelanocortina pode interaccionar co receptor da melanocortina 4.[2][3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.