Río Eume
curso fluvial galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Eume é un río galego. Nace na xunta dos regos do Lamoso e das Toxeiras, ó pé da Lomba Longa do Seixo Branco, na Serra do Xistral, a 759 m.[2] O nacemento atópase na parroquia de Montouto, no concello lugués de Abadín, aínda que as cabeceiras nacen na parroquia da Balsa, no concello veciño de Muras a 880 m.[1][2] O seu percorrido de 80 km transcorre placidamente por terras de Lugo ata que pouco a pouco, pasada a vila das Pontes de García Rodríguez, vaise encaixando nun val profundo coñecido como canón do Eume, en parte asolagado polo encoro do Eume. A medida que se achega á desembocadura vaise abrindo o val ata formar un amplo esteiro que en marea baixa forma unha illa coñecida como As Croas, de gran valor marisqueiro e ecolóxico.[6] Finalmente desemboca na Ría de Ares, no Golfo Ártabro, entre os concellos coruñeses de Pontedeume e Cabanas dos que é a súa fronteira natural.
Río Eume | |
---|---|
As Fragas do Eume. | |
País | España |
Comunidade Autónoma | Galicia |
Nacemento | Xunta dos regos do Lamoso e das Toxeiras, que baixan do Seixo Branco, na Serra do Xistral Montouto [1][2] |
Altitude | 880 m [1] |
Lonxitude | 80 km [1] |
Conca | 470 km2 [1][3][4] |
Caudal medio | 19,1 m3/s [3][4] |
Caudal relativo | 40,7 L/s/km2 [3][4] |
Desembocadura | Ría de Ares [5] |
Altitude desembocadura | 0 m |
Conca do Eume (en azul escuro) | |