Fragas do Eume
Parque Natural / From Wikipedia, the free encyclopedia
As fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997[4], ademais de ZEC[1][2][3][5], que abrangue 9.126 hectáreas[6] nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente.[7] Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña, e nel residen 521 persoas[cando?] dos cinco concellos anteriormente nomeados. A área declarada zona especial de conservación (ZEC) coinciden cos límites do parque natural.
Fragas do Eume | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Parque natural, ZEC | ||
Ano de constitución: | 30 de xullo de 1997 | ||
Superficie: | 9 126 ha | ||
Lexislación: | Decreto 211/1996 Decreto 218/1997, LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.[1][2][3] | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Provincia da Coruña | ||
Concellos: | Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez | ||
Ríos: | Eume | ||
Picos | |||
Direccións de interese: | Centro de Recepción: Ombre-Caaveiro, km 5 Oficina do Parque Natural: Esteiro, 23,Nogueirosa - Pontedeume | ||
Teléfonos: | Centro de Recepción: 981432528 Oficina do Parque: 981495580 | ||
O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo[8]. Malia ser a flora a alfaia das fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.[7]