Río Gallegos, Santa Cruz
From Wikipedia, the free encyclopedia
Río Gallegos, coloquialmente Gallegos, é a capital da Provincia de Santa Cruz, situada na Patagonia, na República Arxentina.
- Este artigo trata sobre a cidade, para o río vexa río Gallegos.
Datos rápidos Localización, Capital de ...
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Arxentina | |||
Provincia da Arxentina | Provincia de Santa Cruz | |||
Departamento da Argentina (pt) ![]() | Güer Aike (pt) ![]() ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 95.796 (2010) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 6 m ![]() | |||
Datos históricos | ||||
Cronoloxía | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | Z9400 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 02966 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | mrg.gov.ar ![]() |
Pechar
Localizada na desembocadura do río Gallegos no departamento Güer Aike, é a cidade máis poboada da provincia —con 95 796 habitantes (2010)— e o centro distribuidor para as actividades turísticas da zona. A oferta turística da cidade está conformada por museos, monumentos histórico-culturais e circuítos urbanos; así como tamén un estuario que alberga miles de aves residentes e migratorias. Fóra do radio urbano pode verse a paisaxe volcánica da Laguna Azul, ou a Reserva Faunística Cabo Vírgenes, unha das maiores pingüineiras de América do Sur que alberga, de outubro a abril, máis de 150 000 pingüíns magallánicos.