From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Oria é un curso fluvial de Guipúscoa, en Euskadi. É o principal río da provincia por lonxitude, conca e caudal.
Río Oria | |
---|---|
País | España |
Nacemento | Serra de Aizkorri |
Lonxitude | 82,6 |
Conca | 882,53 |
Caudal medio | 25,6 |
Desembocadura | Mar Cantábrico |
Nace aos pés da Serra de Aizkorri e desemboca no mar Cantábrico, xunto á localidade de Orio. No seu percorrido pasa tamén polos concellos de Zegama, Segura, Olaberria, Beasain, Ordizia, Itsasondo, Legorreta, Ikaztegieta, Alegia, Tolosa, Anoeta, Irura, Villabona, Zizurkil, Aduna, Andoain, Lasarte-Oria e Usurbil.
Os principais afluentes do Oria son: Leitzaran, Agauntza, Amezketa, Araxes, Zelai, Urtsuaran, Asteasu, Eztanda, Berastegi e Amundarain
É un río que sufriu unha gran contaminación debido á forte industria asentada nas súas beiras, especialmente industria papeleira, entre os anos 50 e 80 do século XX especialmente. A partir dos anos 90 un maior interese por coidar o ambiente fixo que as industrias deixarán de verter as augas residuais directamente ao río construíndo depuradoras en distintos puntos da súa canle para este fin. Hoxe en día é un río no que en gran parte volveu a vida piscícola ás súas augas, sobre todo de troitas.
No ano 2013 a conca baixa foi incluída dentro da rede Natura 2000 despois da recuperación das zonas húmidas desecadas a comezos do século XX para o seu uso agrícola.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Oria |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.