Rede Natura 2000

From Wikipedia, the free encyclopedia

Rede Natura 2000
Remove ads
Remove ads

A Rede Natura 2000 é o proxecto de conservación de hábitats naturais e de especies raras ou en risco de extinción da Unión Europea.[1] A rede creouse para protexer hábitats e especies coñecendo que a cantidade de especies animais en perigo de extinción ou en retroceso eran arredor do 25% do total de especies existentes.[1][2] No 2017 esta rede compoñíase de 27 mil espazos e 1 millón de km2 protexidos, chegando a ser o 18,4% do territorio terrestre e o 6% do espazo mariño da Unión Europea. Con iso, é a maior rede coordinada de espazos naturais protexidos do planeta.[1][3]

Thumb
As Illas Cíes, o espazo natural declarado como ZEPA en 1988 e agora dentro da Rede Natura 2000.

A Rede Natura componse de zonas especial de conservación (ZEC) e de zonas de especial protección para as aves (ZEPA). Inicialmente, logo de ser propostos polos gobernos rexionais, decláranse lugares de importancia comunitaria (LIC) que a Unión Europea avalía e acepta. Unha vez que esa avaliación inicial remata os gobernos locais proceden a lexislar e converter os lugares de importancia comunitaria en zonas de especial conservación.[4]

Os espazos da Rede Natura están en estados iniciais de planificación da súa conservación e son polo xeral de áreas protexidas pequenas e con alta presión agrícola, de medios de transporte ou urbanización. Os espazos varían tanto en extensión que van só da protección dunha árbore, como o espazo Kačja smreka esloveno ata rexión como a de 97 millóns de ha. de Groenlandia.[5] A Rede Natura non pretende só illar aos espazos da sociedade senón darlle outro valor produtivo ao contorno, desde o aproveitamento de terras tradicional ata o turismo só que son de xeito sustentable para o contorno natural, e evitar riscos derivados dun mal asentamento das poboacións no territorio como son as inundacións ou as secas.[3]

Remove ads

Historia da Rede Natura 2000

O Consello da Unión Europea creou a Rede Natura 2000 en 1992 coa aprobación do decreto 92/43/CEE e coa intención de conservar os hábitats que pola súa pola súa flora e fauna teñen un interese de conservación da biodiversidade. Amparados por esa nova lei, declaráronse dentro da rede aqueles espazos da Directiva de Aves que se creara en 1979 e a nova Directiva de Hábitats de 1992.[3][4] Esta iniciativa xorde da necesidade de cumprir os obxectivos da lei de 1979 para a conservación de aves e do compromiso adquirido no Convenio sobre da Diversidade Biolóxica das Nacións Unidas no Cumio da Terra dentro da Conferencia de Río de Xaneiro en 1992, evento que a Unión Europea fomentou e no que se comprometeu a preservar a biodiversidade do continente.[3]

O tratado de constitución da Unión Europea xa incluíra o obxectivo común de conservar e protexer o medio natural.[6] Coa aprobación da lei DC 92/43/CEE inicia o proxecto que denomina Natura 2000 para protexer ou restablecer o estado de conservación de zonas que designa como de interese.[6]

Remove ads

A Rede Natura 2000

Asignación dos espazos

A Directiva Hábitat 92/43/CEE europea establece que os membros da unión deben entregar unha Lista Nacional de lugares (pLIC), onde se especifican os espazos naturais e o motivo de interese para a súa conservación e protección. Esa lista é avaliada por unha comisión europea específica e aqueles lugares que se valoran positivamente reciben a mención de lugares de importancia comunitaria (LIC, en inglés SAC de Special Areas of Conservation). Os gobernos locais, en sucesivos procedementos, deben declarar e xestionar eses espazos LIC declarándoos e converténdoos en zonas especial de conservación (ZEC, ou SPA do inglés Special Protection Areas).[7]

Aos espazos ZEC súmanselle as zonas de especial protección para as aves (ZEPA), formando ambas a Rede Natura 2000.[7]

Rexións

A Rede Natura considera de interese de conservación ata 230 tipos hábitats.[3] A grandes rexións que nas que se clasifican os espazos protexidos na Rede Natura son:[8]

  • Rexións bioxeográficas:
  • Rexións Mariñas:
    • Mariña Atlántica
    • Mariña Mediterránea
    • Mariña Mar Negro
    • Mariña Macaronésica
    • Mariña Mar Báltico

As rexións mariñas introducíronse a partir da aprobación en 2010 do plano estratéxico de conservación de 2011 a 2020. Enfocouse en 11 estados e marcou como obxectivo a conservación do 10% das augas mariñas, cando para os espazos terrestres se estableceu no 17%.[9]

Especies protexidas pola Directiva Hábitat

Thumb
Sinalización da Rede Natura 2000 na Enseada de San Simón.

O programa de conservación considera unha lista de 1.000 especies con diferente interese de conservación: 587 especies vexetais, 324 de fauna, e 195 especies de aves, e outros taxons.[3] Delimitáronse as áreas considerando esas especies do seguinte xeito:[10]

  • Designáronse como áreas conservación principais aquelas nas que arredor de 900 desas especies estaban presentes.[11]
  • Designáronse como áreas en estrito réxime de protección aquelas que habitan arredor de 400 especies con alto interese de preservación.[12]
  • Designáronse como áreas nas que os estados teñen que velar dun xeito estrito e ver a compatibilidade da preservación coa de explotación dos recursos dese espazo natural.[13]

Considéranse como especies de interese cinco especies de grandes carnívoros e as especies da lista vermella de especies en perigo de extinción que desenvolveu a IUCN, tras un estudo de conservación de 6.000 especies en posible risco.[10] Dende a aprobación da Directiva de Aves de 1979 se prestou interese de conservación de aves, e iso reflectiuse no inicio da rede en 1992 con prestar especial interese na súa conservación. Arguméntase que o desenvolvemento urbano e de transportes en Europa supón un risco elevado para a riqueza de aves en Europa, e que iso se reflicte en que o 43% das especies de aves está en decadencia ou en risco de extinción. As listas da rede natura consideran como de prioridade de conservación 193 especies de aves.[14]

Xestión dos espazos

Os obxectivos da designación dos espazos na Rede Natura que se marcaron como obxectivo para o 2020 teñen son, por orde de importancia e prioridade, a:[15]

  • Protección de especies e hábitats,
  • O mantemento e a restauración de ecosistemas,
  • Acadar unha agricultura e aproveitamento forestal sostible,
  • Chegar a un sistema de pesca sostible,
  • Acadar coa perda da biodiversidade global.

Acadar estes obxectivos é unha obriga das administracións que teñen competencia sobre dos territorios a conservar.[15]

Remove ads

A Rede Natura 2000 en España e Galiza

España

En España hai 1.467 ZECs ocupando rexións bioxeográficas Atlánticas, Alpinas, Macaronésicas e Mediterráneas, e augas de rexións mariñas Atlánticas, Macaronesias e Mediterráneas. Supoñen unha zona de conservación do 27% do territorio, que son 210.000 km2 de medio terrestre e 72.500 km2 de mar. Os hábitats catalogados son 118 e a lista de especies de interese de conservación é de 263, das cales 125 son de conservación prioritaria. As zonas de especial protección das aves son 644 espazos. Segundo as directrices europeas, a rede estatal de conservación foi declarada como incompleta en 2011 e actualmente está no proceso de ampliación.

Galicia

A rede galega de espazos naturais, que ampara todos aqueles declarados por normativas autonómicas, estatais ou da Unión Europea ou convenios internacionais; supoñen o 12% da superficie do territorio galego. A rede galega ampara a costas e o medio mariño, lagoas e ríos, serras ou fragas. O fomento, a consolidación, a promoción e o control de actividades na Rede Natura no territorio galego correspóndelle á Goberno de Galicia. Porén, correspóndelle ao Goberno Español a realizar as propostas de LICs, e declarar os ZECs e ZEPAs cando os espazos considerados son áreas mariñas de soberanía e xurisdición estatal. A base reguladora dos espazos é a Lei 9/2001 da conservación da natureza.[6][16][17] O goberno galego establece a través do "plan de ordenación de recursos naturais (PORN)" o xeito de aplicación da lei do 2001 e o regulamento de conservación da natureza do 2007 como se implementan os obxectivos da Rede Natura 2000 no territorio galego.[4]

Galicia conta con 59 ZECs, que son 375.754,19 ha. (348.308,69 terrestres e 27.445,50 mariñas) e con 16 ZEPAs, que son 101.469,41 ha. (88.405,34 terrestre e 13.064,07 mariñas).[7] Estas zonas están clasificadas a nivel bioxeográfico como de área litoral, zonas húmidas, corredores fluviais ou áreas de montaña.[6] 55 do 59 ZECs están dentro da rexión bioxeográfica Atlántica, e os demais na Mediterránea.

Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads