RMS Olympic
From Wikipedia, the free encyclopedia
O RMS Olympic foi o primeiro transatlántico da clase Olympic deseñado por Alexander Carlisle e Thomas Andrews e construído polos estaleiros Harland and Wolff de Belfast para a White Star Line. Foi o barco irmán dos afundidos Titanic e Britannic, que ao contrario que estes, serviu durante moito tempo (desde 1911 ata 1935) e por iso foi coñecido como "Old Reliable" (Vello confiable).
Datos rápidos Olympic, Historial ...
RMS Olympic | |
---|---|
O RMS Olympic fotografado durante unha viaxe transatlántica en 1922. | |
Historial | |
Estaleiro | Harland and Wolff, Belfast, Reino Unido |
Clase | Olympic |
Tipo | Transatlántico |
Operador | White Star Line 1911–1934 |
Porto de rexistro | Liverpool |
Posta en grella | 16 de decembro de 1908 |
Botado | 20 de outubro de 1910 |
Asignado | 31 de maio de 1911 |
Viaxe inaugural | 14 de xuño de 1911 |
Baixa | Marzo de 1935 |
Destino | Despezado en Jarrow (Inglaterra) |
Características xerais | |
Eslora | 269 m |
Manga | 28,2 m |
Puntal | 18,0 m |
Calado | 10,5 m |
Velocidade | Máxima: 23,5 nós |
Capacidade | 2435 pasaxeiros |
Pechar
Os tres barcos da clase Olympic íanse chamar orixinalmente Olympic, Titanic e Gigantic, en honor ás razas da mitoloxía grega: os deuses olímpicos, os Titáns, e os Xigantes. O Gigantic foi renomeado despois como Britannic no último intre, para previr desgrazas parecidas á do Titanic.