Radiación
From Wikipedia, the free encyclopedia
En física, a radiación é un modo de propagación da enerxía a través do espazo, de forma análoga á luz.
A radiación, propiamente dita, refírese á transportada por ondas electromagnéticas, chamada, en consecuencia, radiación electromagnética. Así a todo, emprégase esta expresión tamén para referirse ó movemento de partículas a gran velocidade no medio, con aprezable transporte de enerxía, que recibe o nome de radiación corpuscular.
Se o transporte de enerxía é suficientemente elevado como para provocar ionización no medio circundante, fálase de radiación ionizante[1]. Aínda que non é totalmente correcto, é habitual empregar a palabra radiación, por extrapolación, para referirse ás radiacións ionizantes.