From Wikipedia, the free encyclopedia
Rafael Benítez Maudes, nado en Madrid o 16 de abril de 1960, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa. Na tempada 2023-2024 asinou como adestrador do Real Club Celta de Vigo.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Entre 1974 e 1986 desempeñouse como centrocampista en equipos menores, entre eles o Real Madrid Castilla, e tras a súa retirada incorporouse ao Real Madrid como adestrador da canteira. En 1995 desvinculouse da entidade madrileña para adestrar ao Real Valladolid (1995-1996) e posteriormente ao Osasuna (1996-97).
Logo de dous anos en Valladolid e Pamplona, ascendeu ao Extremadura a Primeira División, aínda que un ano despois o equipo descendería de novo. En 1999 abandonou o club estremeño e, un ano máis tarde, empezou a adestrar ao Tenerife, co que alcanzaría un novo ascenso a Primeira.
En 2001 o Valencia contratou ao adestrador madrileño, que gañou a Liga na tempada 2001-02. En 2004 os valencianistas obtiveron unha Copa da UEFA e outro campionato de liga.
Entre 2004 e 2010 foi o adestrador do Liverpool, co que obtivo a Liga de Campións 2004-05. Con el no banco os reds venceron na FA Cup (2006) e caeron derrotados na final da Liga de Campións 2006-07.
En xuño de 2010 ficha polo Inter de Milán. Tras 17 xornadas na Liga italiana (co club no sétimo posto da clasificación), en oitavos de final da Liga de Campións e recentemente conseguido o título da Copa Mundial de Clubs da FIFA, o 23 de decembro de 2010 fíxose oficial a súa destitución logo de numerosos rumores colocándoo fóra do club.
O 23 de xuño de 2023, fichou polo Real Club Celta de Vigo para as vindeiras 3 temporadas. En marzo de 2024, despois de se celebraren 28 partidos nos que só conseguiu 24 puntos (5 vitorias. 9 empates e 14 derrotas),[1] 2 por riba do descenso, tras caer 4-0 fronte ao Real Madrid, a directiva decidiu cesalo[2][3] malia ter que negociar a liquidación do contrato que ascendía a 9 millóns de euros.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.