From Wikipedia, the free encyclopedia
Rafael García-Valiño y Marcén nado en Toledo o 24 de outubro de 1898 e finado en Madrid o 29 de xuño de 1972, foi un militar español activo durante a guerra do Rif, a guerra civil e o franquismo.
Na guerra civil participou nas campañas de Guipúscoa, Biscaia, Teruel, Aragón, Levante, Ebro e Cataluña. Na ditadura ocupou o grao de xeneral e ocupou cargos como Xefe do Estado Maior Central do Exército, Capitán Xeneral da I Rexión Militar ou Alto Comisionado de España en Marrocos.
García Valiño descendía de militares.[1] Ingresou aos quince anos na Academia de Infantaría, con 18 anos ascendeu a tenente e incorporouse ao Exército de África coa intención de participar nas campañas españolas na zona, convencido de que o final da Primeira guerra mundial permitiría unha expansión e consolidación das colonias. Na Guerra do Rif[2] tivo encontros ocasionais con bérberes e guerrilleiros, foi ferido varias veces e ascendeu a comandante.
Cando foi dado o golpe de Estado que provocou a guerra civil, veraneaba en Zarauz, localidade que non participou no alzamento militar, de onde fuxiu dirixíndose a territorio controlado por sublevados. Dirixiuse a Hondarribia, percorreu a pé o camiño a Pamplona e uniuse ao xeneral Mola, quen lle encomendou o mando do Terzo de Requetés «Montejurra».[3] un dos seis que participaron na guerra. O 2 de setembro de 1936, asaltou con ese terzo o monte San Marcial, último lugar fortificado clave de Irún.
Na ofensiva contra Bilbao era tenente coronel.[4] Ao comandante da I Brigada de Navarra, participou nas principais accións que provocaron a ruptura do Cinto de Ferro de Bilbao, precipitando a caída da cidade.[5]
O 6 de novembro de 1937 o Terzo integrouse na 1ª División de Navarra como parte da 4ª Agrupación, e ao ascender a coronel, obtivo o mando da División; á fronte dela combateu o resto da guerra, participando activamente na batalla de Teruel e na ofensiva de Aragón, sendo a primeira división sublevada en chegar ao Mediterráneo, cortando a zona inimiga en dúas. Pouco despois foi cara ao sur, participando na ofensiva de Levante para conquistar Valencia, aínda que a dura resistencia republicana detivo as súas tropas e o plan franquista fracasou.[6] No Levante mandou o "Destacamento de Enlace" —1ª e a 84ª división—. [7]
En xullo de 1938 pasou ao Ebro, en cuxa batalla participou mandando o Cuerpo de Ejército del Maestrazgo e ascendeu ao cargo de xeneral de brigada.[8] En colaboración co Cuerpo de Ejército Marroquí de Yagüe, despois de 4 meses de duros combates e importantes baixas, conseguiron expulsar ás tropas republicanas do coronel Modesto ao outro lado do río.[9] En xaneiro de 1939 interveu en Cataluña, desfilando en Barcelona como consecuencia da súa conquista e tras o dominio desta comarca pasou a dirixir o Centro, sorprendendoo co fin da guerra e entrando en Cidade Real o 1 de abril de 1939.
Ao remate da guerra contou coa simpatía dos que serviron co xeneral Mola. Ascendeu a xeneral de división e Franco ofreceulle a Comandancia Xeral de Melilla con só 40 anos. Aos 42 anos foi ascendido a Xefe do Estado Maior Central do Exército, sendo un dos xenerais que Franco consideraba capaz de manter a man de ferro necesaria na II guerra mundial.[10] En 1947 foi ascendido a tenente xeneral e confirmado como xefe do Estado Maior Central.[11]
En 1950 foi sucedido polo xeneral Fernando Barrón Ortiz[12] ocupando despois a Capitanía da VII Rexión Militar.[13]
A pretendida apertura do réxime ao exterior aconsellou trasladalo a funcións fóra da Península, e en 1951 foi nomeado Alto Comisionado do Protectorado Español de Marrocos, cargo que ocupou até 1956 cando foi nomeado director da Escola Superior do Exército. De 1962 a 1964 foi nomeado para a Capitanía da I Rexión Militar. Despois das resolucións da ONU sobre a descolonización do Sáhara, García Valiño é sorprendentemente favorable ás teses internacionais e é destituído de todas as súas funcións. Sería a súa primeira e única incursión na política do réxime.
Cara ao final da súa vida ocupou o cargo de vicepresidente e membro do Consello de Administración do Grupo Sofico, un "Holding" de empresas españolas cuxa quebra en 1974 constituíu un dos grandes escándalos de corrupción do franquismo.[14] Valiño morreu en Madrid en xuño de 1972; [1] Como resultado, o escándalo non lle afectou aínda que a súa figura estaba comprometida.
Segundo o historiador Paul Preston, Valiño foi un dos xenerais máis novos e capaces de Franco, do que máis tarde se convertería nun activo crítico. [15]
Casou con Dolores Molina González, coa que tivo sete fillos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.