Rammstein
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rammstein é un grupo de Metal industrial alemán formado en 1994. O seu estilo musical incorpora elementos do metal industrial e a música electrónica. A banda axudou a fundar un subxénero no hard rock metal alemán que se coñeceu como NDH no seu país. As súas cancións desenvólvense case exclusivamente en alemán. Venderon ao redor de 20 millóns de copias en todo o mundo. Ao longo da súa existencia, a formación dos seis compoñentes de Rammstein mantívose sen cambios, o cantante Till Lindemann, os guitarristas Richard Z. Kruspe e Paul H. Landers, o baxista Oliver "Ollie" Riedel, o batería Christoph "Doom" Schneider e o teclista Christian "Flake" Lorenz.
Rammstein | |
---|---|
Orixe | Swerin, Alemaña |
Período | 1994 - presente |
Xénero(s) | Neue Deutsche Härte, metal industrial |
Selo(s) discográfico(s) | Universal Music |
Membros | Till Lindemann Richard Z. Kruspe Christoph Doom Schneider Oliver Riedel Paul Landers Christian "Flake" Lorenz |
Na rede | |
http://www.rammstein.com | |
A maioría das súas cancións están en alemán, pero tamén realizaron cancións enteiramente ou parcialmente noutros idiomas incluíndo o inglés, o español, o francés, e ruso.[1] Os premiados espectáculos en vivo de Rammstein son coñecidos polos seus elementos teatrais e pirotécnicos en escena.[2] Todo o catálogo de Rammstein esta publicado por Universal Music Group.