From Wikipedia, the free encyclopedia
Ramón Castro Ruz, nado en Birán (Cuba) o 14 de outubro de 1924 e finado na Habana o 23 de febreiro de 2016[1], foi un enxeñeiro agrícola e político cubano, irmán máis vello dos dirixentes Fidel e Raúl Castro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ramón Eusebio Castro Ruz 14 de outubro de 1924 Birán, Cuba |
Morte | 23 de febreiro de 2016 (91 anos) A Habana, Cuba |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Cuba |
Educación | Universidade da Habana |
Actividade | |
Ocupación | labrego , político |
Partido político | Partido Comunista de Cuba |
Familia | |
Pais | Ángel Castro Arguíz e Lina Ruz González |
Irmáns | Juanita Castro, Raúl Castro, Fidel Castro e Emma Castro |
Ramón foi o primoxénito de Ángel Castro Argiz e Lina Ruz González, emigrantes galegos en Cuba. Era alcumado Mongo Castro. Estudou enxeñaría agrícola na Universidade da Habana, e despois volveu á granxa familiar para xestionala.[2] En 1953 foi encarcerado durante a ditadura de Fulgencio Batista. Despois de ser liberado, mentres Fidel e Raúl loitaban nas montañas dirixindo á insurxencia do Movemento do 26 de xullo, Ramón coidaba dos seus pais e das colleitas. Segundo a biografía de Fidel Castro escrita por Jules Dubois en 1959, Ramón Castro organizou unha cadea de rebeldes das cidades ás montañas para conseguir armas, municións, medicamentos, subministracións e homes para axudar aos seus irmáns.
A pesar de non ser demasiado coñecido internacionalmente, foi un dos membros fundadores do Partido Comunista de Cuba e foi deputado da Asemblea Nacional.
Nun momento en que a gasolina era difícil de atopar, segundo Dubois, os coñecementos de Ramón en agricultura e enxeñería permitíanlle producir un combustible alcohólico a base de azucre de cana e aceite de rícino.
Traballou como asesor dos ministros cubanos de Agricultura e do Azucre e para outros tres ministerios. Foi o máximo responsable da política gandeira do Goberno de Cuba, durante o cal lanzou un plan de desenvolvemento lácteo e foi director do Plan Xenético Especial do Vale de Picadura.[1]
Estivo casado con Aurora Castillo Valdivia, con quen tivo cinco fillos. Antes de morrer, vivía preto da Habana, nunha granxa onde traballaba na agricultura.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.