Ran (proteína)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ran (RAs-related Nuclear protein, Proteína Nuclear relacionada con Ras) tamén chamada proteína nuclear Ran que se liga ao GTP é unha proteína que nos humanos está codificada no xene RAN situado no cromosoma 12. Ran é unha pequena proteína de 25 kDa que está implicada no transporte desde e ao núcleo celular durante a interfase e tamén está envolta na mitose. É un membro da superfamilia Ras.[1][2][3]
PDB 1a2k | |
Proteína nuclear relacionada con Ras ; Ran | |
Identificadores | |
Símbolo | Ran. Xene: RAN ; ARA24; Gsp1; TC4 |
Entrez | 5901 |
HUGO | 68143 |
OMIM | |
RefSeq | NP_006316 |
UniProt | p62826 |
Outros datos | |
Número EC | 3.6.5.2 |
Locus | Cr. 12 q24.33 |
Ran é unha pequena proteína G que é esencial para o transporte de ARN e proteínas a través do complexo do poro nuclear. A proteína Ran está tamén implicada no control da síntese de ADN e na progresión do ciclo celular. A localización nuclear de Ran require a presenza de reguladores da condensación do cromosoma 1 (RCC1). As mutacións que afectan a Ran alteran a síntese de ADN. Debido ás múltiples funcións que ten, é probble que Ran interaccione con outras proteínas.[4]