Raza (clasificación dos seres humanos)
Clasificación dos seres humanos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Raza refírese ás clasificacións dos seres humanos en poboacións grandes e relativamente diferentes ou grupos, moitas veces baseados en factores arbitrarios, tales como o aspecto e as características fenotípicas herdadas ou a ascendencia xeográfica. A mesma persoa podería ser considerada legalmente dunha raza nun país e doutra diferente nun país distinto.
A distancia xénica Fst media entre as poboacións humanas é aproximadamente 0,125. Lewontin (1972) argumentou que isto representa unha pequena variación racial.[1] Harpending (2002), polo contrario, argumentou que tal distancia implica parentesco entre individuos da mesma poboación equivalente ao parentesco entre medios irmáns nunha poboación que se aparea aleatoriamente, e que unha persoa dunha certa poboación está xenericamente máis próxima a un individuo non relacionado da mesma poboación que a un medio irmán de raza mixta.[2]