Raíz dunha función
elemento do dominio para o cal o valor da función é cero / From Wikipedia, the free encyclopedia
En matemáticas, unha raíz dunha función é un elemento do dominio desta función tal que . Deste xeito, tamén se di cero da función.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Raíz (homónimos).
Unha raíz dun polinomio é un cero da súa función polinómica.
O teorema fundamental da álxebra afirma que calquera polinomio non nulo ten como moito tantas raíces como grao ten o polinomio, e os dous números coinciden ao considerar raíces complexas (en xeral, as raíces nunha extensión alxebricamente pechada) contadas coas súas multiplicidades. Por exemplo, o polinomio de grao dous, definido por
Ten as dúas raíces e , xa que
Se a función é unha aplicación dos números reais aos números reais, entón os seus ceros son as coordenadas x dos puntos onde a gráfica intersecta co eixe das x.