Real Academia Galega de Belas Artes
academia galega de belas artes / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Real Academia Galega de Belas Artes "Nosa Señora do Rosario", con sede na Coruña, é unha das trece creadas en España por Real Decreto de 31 de outubro de 1849, daquela coa denominación de Academia Provincial de Bellas Artes.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Real Academia Galega de Belas Artes | |
---|---|
Casa do Consulado, sede da Academia Galega de Belas Artes. | |
Tipo | escola de arte e organización |
Data de fundación | 1849 |
Sede | Casa do Consulado |
En | A Coruña |
País | Galicia |
Na rede | |
https://www.academiagallegabellasartes.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 1898 pasou a celebrar as súas sesións no palacio do Real Consulado do Mar, e en 1913 instalouse definitivamente nel, onde actualmente ten a súa sede oficial corporativa. En 1938 dito palacio destinouse para Museo Provincial de Belas Artes e sede da Real Academia de Belas Artes.
A Real Academia Galega de Belas Artes depende da Xunta de Galicia e está constituída por catro categorías de Académicos: numerarios, correspondentes, honorarios e supernumerarios.
A Academia está composta na actualidade por sete seccións: Pintura e Gravado, Escultura, Arquitectura, Música, Arqueoloxía e Museoloxía, Artes da Imaxe e Expertos nas Artes. Cada sección pode contar cun número máximo de cinco académicos numerarios.
Celebra sesións ordinarias de forma mensual, e extraordinarias para asuntos de especial relevancia.