From Wikipedia, the free encyclopedia
O Real Unión Club de Irún é un club de fútbol da cidade de Irún en Guipúscoa (País Vasco, España). Foi fundado en 1915, aínda que as súas orixes remóntanse a 1902, e actualmente xoga no grupo I da Primeira División RFEF.
Real Unión | |||
---|---|---|---|
Nome | Real Unión Club de Irún, S.A.D. | ||
Alcume(s) | Irundarras Txuribeltzak Unionistas | ||
Fundación | 1915 | ||
Estadio | Stadium Gal, Irún, España | ||
Inauguración | 1926 | ||
Capacidade | 5.000 | ||
Presidente | Ricardo García | ||
Adestrador | Aitor Zulaika | ||
Liga | Primeira RFEF | ||
20202–21 | 5º | ||
Na rede | |||
http://www.realunionclub.com/ | |||
| |||
O Real Unión, fundado en 1915 da unión do Racing de Irún e o Irún Sporting, é un club histórico, cofundador da Liga española e catro veces gañador da Copa do Rei. A súa época gloriosa chegou ata principios dos anos 30, cando o profesionalismo entrou no mundo do fútbol e como consecuencia os equipos con máis diñeiro levaron aos xogadores máis importantes do Real Unión.
Antigamente o Real Unión xogaba tamén con camiseta a raias brancas e negras e pantalón negro.
O estadio do Real Unión é o Stadium Gal, situado na cidade de Irún. Ten capacidade para 5.000 espectadores e foi inaugurado en 1926. A última remodelación é de 1997. O estadio atópase a escasos 300 metros da fronteira internacional entre España e Francia.
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.