Realidade virtual
From Wikipedia, the free encyclopedia
A realidade virtual é unha tecnoloxía de interface entre un usuario e un sistema operacional a través de recursos gráficos 3D ou imaxes 360º cuxo obxectivo é crear a sensación de presenza nun ambiente virtual distinto do real. Para iso, esa interacción é realizada en tempo real, co uso de técnicas e de equipamentos computacionais que axuden na ampliación do sentimento de presenza do usuario no ambiente virtual. Esta sensación de presenza adoita referirse como inmersión.
Segundo Pimentel (1995), a realidade virtual (VR) é o uso de alta tecnoloxía para convencer o usuario de que se atopa noutra realidade, provocando o seu envolvemento por completo.[1]
Alén da comprensión da VR como simulación da realidade a través da tecnoloxía, a VR tamén se estende a unha aprensión dun universo non real, un universo de iconas e símbolos, mais permeando nun proceso de significación o espectador dese falso universo fornece o creto dun universo real. En suma, unha realidade ficcional, con todo a través de relacións intelectuais, comprendémola como moi achegada ao universo real que coñecemos.