From Wikipedia, the free encyclopedia
A rede ferroviaria española é o conxunto de liñas de ferrocarril que vertebran o territorio en España. Na actualidade conta con liñas de largo ibérico, largo internacional e largo métrico. A rede está composta principalmente polas liñas da Rede Ferroviaria de Interese Xeral (RFIG) e polas liñas cuxa titularidade foi traspasada ás comunidades autónomas.
Desde finais de 1829 sucedeuse en España unha serie de peticións de construción de ferrocarrís ao Goberno, a través do Ministerio de Fomento e o seu ministro Francisco de Luxán. A primeira liña férrea concedida en España, aínda que non chegou a construírse entón, foi a chamada liña da Raíña María Cristina de Borbón, cuxo tendido debía ir desde Xerez da Fronteira a El Puerto de Santa María e desde esta cidade a Rota e Sanlúcar de Barrameda. O proxecto foi aprobado pola Real Orde do 28 de marzo de 1830. Existe un caderno impreso na Imprenta Española de don M. Calero, en Londres, aquel ano 1830, onde se contén a regulamentación e o plano. O empresario era Marcelino Calero y Portocarrero. Si que se chegou a realizar, en cambio, a que se pode dicir que é a primeira liña de ferrocarril na Península Ibérica, con 28 km, o 28 de outubro de 1848, de Barcelona a Mataró, como concesionario José María Roca, que se abriu ao público o 1 de novembro de 1848. En 1849 solicitouse a concesión á liña de Madrid a Aranjuez, con 49 km; a partir de aí, o número de solicitudes obrigaron o Goberno a realizar un proxecto de lei de ferrocarrís.
Porén, a primeira liña ferroviaria española foi propiamente en Ultramar, en Cuba: o ferrocarril da Habana a Güines, inaugurado o primeiro tramo ata Bejucal o 19 de novembro de 1837, financiado con capital público e tecnoloxía estadounidense e estreitamente vinculado ás explotacións azucreiras do occidente da illa.
Coa Lei de Ferrocarrís declarouse estándar en España un ancho de vías superior ao europeo, que aínda se usa nos nosos días. Equivocamente crese que esta maior anchura se elixiu para evitar unha posible invasión por vía férrea, pero a realidade é que a xeografía montañosa do noso territorio requiría unha maior potencia nas máquinas de vapor, e iso facíaas máis grandes e pesadas. Isto foi un erro: a potencia dunha máquina de vapor é maior canto máis longo sexa o cilindro; bastaría con empregar locomotoras máis longas, non máis anchas. Esta decisión impediu ata agora a comunicación directa da nosa rede coa de países veciños, motivo polo cal cando se proxectou o AVE se decidiuse usar o ancho de vías europeo.
Logo de establecido o marco legal comezaron a crearse en España unhas compañías de explotación ferroviaria; as máis importantes foron:
En España distínguense catro tipos:
En España distínguense:
En España distínguense os seguintes largos de vía:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.