referendo sobre a independencia e a creación dun Estado catalán From Wikipedia, the free encyclopedia
O referendo sobre a independencia de Cataluña é un referendo de carácter vinculante sobre a independencia e a creación dun Estado catalán. Celebrouse o 1 de outubro de 2017.[1][2][3] Foi organizado polo goberno catalán, formado tras as eleccións nas que os defensores do referendo teñen maioría no Parlamento de Cataluña. Porén, o Goberno do Reino de España opúxose á súa celebración e non deu por válido o resultado da votación.[4][5]
Referendo de independencia de Cataluña de 2017 | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2014 | |||||||||||||||||
Data | 1 de outubro de 2017 | ||||||||||||||||
Tipo | Referendo de independencia | ||||||||||||||||
Parte de | Proceso independentista catalán e crise constitucional española de 2017-2018 | ||||||||||||||||
Páxina web oficial | referendum.cat | ||||||||||||||||
Cancelo | #CatalanReferendum, #Votarem e #1Oct | ||||||||||||||||
Participación política | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Causa inmediata de | |||||||||||||||||
27 de outubro de 2017: Declaración de Independencia de Cataluña |
O 27 de setembro de 2015 realizáronse as eleccións ó Parlamento de Cataluña. Estas eleccións deron unha maioría de forzas políticas prorreferendo (Junts pel Sí, Catalunya Sí que es Pot e Candidatura d'Unitat Popular - Crida Constituent) e fixo posible a creación dun goberno prorreferendo.
O anuncio da convocatoria deste referendo realizouno o presidente Carles Puigdemont, o 28 de setembro de 2016 dende o Parlamento de Cataluña, como resultado do bloqueo realizado polo Goberno de España.[6][7][8] Tamén se fixo público que a arquitectura do referendo e a súa organización sería responsabilidade do vicepresidente, Oriol Junqueras, e o conselleiro de Asuntos exteriores e de Relacións Institucionais e de asuntos Exteriores e de Transparencia, Raül Romeva.
O 9 de xuño de 2017, o Goberno de Cataluña, xunto con todos os membros independentistas do Parlamento de Cataluña, anunciou a data e pregunta para o referendo nunha cerimonia solemne no Pati dels Tarongers do Palau de la Generalitat. A pregunta será: "Quere que Cataluña sexa un Estado independente en forma de república?" e será feita nas tres linguas oficiais faladas en Cataluña (en catalán, español e aranés). A data fixada para o referendo, foi o 1 de outubro de 2017.[9][10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.