Refrixeración
From Wikipedia, the free encyclopedia
A refrixeración[1] é o proceso de redución e mantemento da temperatura (a un valor menor á do medio ambiente) dun obxecto ou espazo. A redución de temperatura realízase extraendo enerxía do corpo, xeralmente reducindo a súa enerxía térmica, o que contribúe a reducir a temperatura deste corpo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2017.) |
A refrixeración implica transferir a enerxía do corpo que pretendemos arrefriar a outro, aproveitando as súas propiedades termodinámicas. A temperatura é o reflexo da cantidade ou nivel de enerxía que posúe o corpo, xa que o frío propiamente non existe, os corpos só teñen máis ou menos enerxía térmica. Deste xeito arrefriar corresponde a retirar Enerxía (calor) e non debe pensarse en termos de " producir frío ou agregar frío".
A saúde e o benestar dun país pode depender dos sistemas de refrixeración. Por exemplo; a alimentación e o almacenamento de vacinas, distribución, aplicación médica, industrial, comercial e doméstica de todo tipo depende dos sistemas de refrixeración.
Durante a década dos 90 case todos os países asinaron e consecuentemente ratificaron o Protocolo de Montreal das Nacións Unidas e as súas correccións posteriores. Este acordo inclúe unha escala de tempo estrito para a desaparición de refrixerantes que atacan o ozono e require o uso provisional ata a súa substitución por refrixerantes que non danen o ozono. Este cambio resultou no aumento da variedade de refrixerantes de uso común existentes de 3 a 4 veces maior e na necesidade de asegurarse de que as prácticas dos enxeñeiros sexan moi esixentes.
A firma do Acordo de Kyoto fai que aumente a necesidade das prácticas xa que moitos dos sistemas de refrixeración e de aire acondicionado usan unha considerable cantidade de enerxía e polo tanto contribúen xa sexa directa ou indirectamente ao arrequecemento global.
A gama de aparellos de refrixeración para o ensino e software de computador da empresa foi deseñada para ensinar aos estudantes os principios básicos da refrixeración, para así asegurarse de que a próxima xeración de enxeñeiros sexa capaz de comprender e contribuír aos cambios fundamentais que están agora dándose lugar na industria da refrixeración.
En España, a produción de equipos de refrixeración concéntrase en Navarra, Valencia e Andalucía, sendo Lucena (Córdoba) a sede do Clúster de Empresas de Fabricación de Refrixeración con máis de 30 empresas asociadas. Cluster da Refrixeración.[2]
Entre outras formas:
- Aproveitar diferenzas de temperaturas entre o medio receptor e emisor. Transferindo a calor por convección, condución ou radiación.
- Usar un proceso que requira unha achega externa de enerxía en forma de traballo, como o ciclo de Carnot.
- Aproveitar o efecto magnetocalórico dos materiais, como na desimanación adiabática.