From Wikipedia, the free encyclopedia
Un regador[1] é un recipiente de metal, cerámica ou plástico que contén a auga para regar as plantas. A miúdo, no canto dun regador, acóplase unha billa difusora de auga a unha mangueira.[2]
Dispón dun colo ou biquela que remata nunha alcachofa a través da que se verte a auga, e un mango para o seu manexo. A capacidade do recipiente pode oscilar entre os 0,5 litros para plantas de interior, e os 10 para uso xeral en xardinaría. Ao final do colo os regadores adoitan ter unha alcachofa ou roseta (pequena tapa perforada por multitude de buratos) para converter o chorro continuo de auga en "ducha" e evitar a excesiva presión sobre a terra ou as plantas delicadas.
O regador máis antigo que se atopou é do ano 79. Os regadores modernos son de lata ou plástico e na biquela acóplase unha estrutura con furados que é máis ampla ca o diámetro da biquela por onde pasa a auga.[3]
O termo regador rexistrouse por primeira vez en 1692. Antes desa data coñecíaselle como "cacharro de regar". En 1885, os regadores "Haws" foron patentados por John Haw, quen substituíu a asa montada na parte superior por unha redonda na parte posterior.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.