From Wikipedia, the free encyclopedia
A regra de Allen é unha lei da ecoxeográfica formulada por Joel Asaph Allen en 1877,[2][3] na que afirma que os animais adaptados a climas fríos teñen as extremidades máis curtas que os animais adaptados a climas quentes.
Máis especificamente, afirma que a relación da superficie corporal/volume para animais homeotermos varía coa temperatura media do hábitat ao que está adaptados (ou sexa, a relación é baixa en climas fríos e alta en climas quentes).
A regra de Allen prevé que os animais endotérmicos co mesmo volume corporal deben ter diferentes áreas de superficie que axudarán ou impedirán a disipación de calor.
Como os animais que viven en climas fríos precisan conservar o máximo de calor posíbel, a regra de Allen prevé que deberían ter desenvolvido unha relación superficie/volume comparativamente baixa para minimizar a superficie pola que disipan a calor, permitíndolles reter máis calor.
Para os animais que viven en climas cálidos, a regra de Allen prevé o oposto: que deben ter relacións comparativamente altas de superficie/volume. Como os animais con baixa relación superficie/volume quecerían rapidamente, os animais en climas cálidos deberían, de acordo coa regra, ter altas relacións de superficie/volume para maximizar a superficie a través da cal disipan a calor.[4]
Aínda que hai moitas excepcións, moitas poboacións de animais parecen estar en conformidade cos previsións da regra de Allen. O oso polar ten membros fortes e orellas moi curtas que están de acordo cos previsóns da regra de Allen.[5]
En 2007, R. L. Nudds e S. A. Oswald estudaron as lonxitudes das patas das aves mariñas e descubriron que estaban inversamente relacionadas coa temperatura corporal menos a temperatura ambiente mínima, apoiando as previsóns da regra de Allen.[6] Argumentaron que hai pouco soporte empírico para a regra de Allen, aínda que sexa un "principio ecolóxico establecido". Opinan que o apoio para a regra de Allen vén, principalmente, de estudos dunha única especie, e que estudos de varias especies están "confundidos" polos efectos de escala da regra de Bergmann e adaptacións alternativas que se opoñen ás previsións da regra de Allen.[6]
Observáronse marcadas diferenzas na lonxitude das extremidades cando diferentes partes dunha determinada poboación humana residen a diferentes altitudes. Os ambientes de maior altitude xeralmente teñen temperaturas ambiente máis baixas. No Perú, os individuos que vivían en altitudes máis elevadas tendían a ter membros máis curtos, mentres que os da mesma poboación que habitaban zonas costeiras máis baixas tiñan xeralmente membros máis longos e troncos máis grandes.[7]
Katzmarzyk e Leonard sinalaron que as poboacións humanas parecen seguir as predicións da regra de Allen. Existe unha asociación negativa entre o índice de masa corporal e a temperatura media anual das poboacións humanas indíxenas, o que significa que as persoas das rexións máis frías teñen unha constitución máis pesada para a súa estatura, e as persoas das rexións máis cálidas teñen unha anatomía máis lixeira. A altura relativa tamén está negativamente correlacionada coa temperatura das poboacións humanas indíxenas, o que significa que as persoas orixinarias de rexións máis frías teñen pernas proporcionalmente máis curtas para a súa altura e as persoas orixinarias de rexións máis cálidas teñen pernas proporcionalmente máis longas para a súa altura.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.