From Wikipedia, the free encyclopedia
A regra dos terzos é unha técnica de composición usada na fotografía. Consiste en dividir a foto en 9 cadrados, trazar dúas liñas horizontais e dúas verticais imaxinarias, e posicionar nos puntos de cruzamento o asunto que se desexa destacar para obter unha foto equilibrada. Os dous terzos da imaxe alcanzan o número 0,666, que se aproxima á lonxitude da sección dourada dun segmento que é 0,618, o número áureo.[2]
John Thomas Smith escribiu a regra dos terzos por primeira vez en 1797.[3] No seu libro Remarks on Rural Scenery. Smith citou unha obra de Sir Joshua Reynolds de 1783, na que Reynolds discutiu, en termos non cuantificados, o equilibrio entre o escuro e a luz nun cadro.[4] John Thomas Smith continuou entón cunha expansión da idea, e nomeouna a "Regra dos terzos".
Escribindo en 1845, no seu libro Chromatics, George Field sinala que Sir Reynolds dá a proporción 2:1 como regra pola proporción de cores cálidas a frías nunha pintura, atribúe a Smith a expansión desa regra a todas as proporcións, e manifesta certo escepticismo sobre a universalidade de tal regra, polo menos en canto á cor.
A regra virou moi popular en todo o século XX, á vez que houbo fotógrafos e investigadores do mundo da arte que a seguiron a cuestionar (explorando iso mesmo xurdiu o método diagonal), dicindo que non é máis que unha simplificación afeccionada da reixa derivada da proporción áurea (tamén moi popular, mais que tivo tamén moitas extrapolacións indebidas, e moitos detractores).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.