artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta é unha lista de reis de Portugal, desde a independencia do Reino de Galicia en 1139 até a implantación da República o 5 de outubro de 1910. A título previo, móstranse tamén os condes de Portugal que antecederon directamente o primeiro rei portugués.
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Cognome(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Afonso I | 27 de xullo de 1139 | 6 de decembro de 1185 | O Conquistador O Fundador O Grande | Tamén chamado Afonso Henriques (Afonso, fillo de Henrique; aquí radica a designación que os musulmáns lle atribuíran, ‘‘Ibn-Arrik’‘ - «fillo de Henrique»). | |
2 | Sancho I | 6 de decembro de 1185 | 27 de marzo de 1211 | O Poboador | ||
3 | Afonso II | 27 de marzo de 1211 | 25 de marzo de 1223 | O Gordo O Craso O Gafo O Lexislador | ||
4 | Sancho II | 25 de marzo de 1223 | 1247 | O Capelo O Pio O Piedoso | Deposto polo Papa Inocencio IV no I Concilio de Lión, en 1245, so a acusación de «rex innutilis», viría a abdicar en 1247, exiliándose en Toledo, e indo a falecer pouco tempo despois, a inicios de 1248. | |
5 | Afonso III | 3 de xaneiro de 1248 | 16 de febreiro de 1279 | O Boloñés | Rexente de Portugal, so o título de Procurador e Defensor do Reino, desde 21 de setembro de 1245, até á data da morte do irmán, cando asume plenamente a realeza. | |
6 | Dinis I | 16 de febreiro de 1279 | 7 de xaneiro de 1325 | O Labrador O Rei-Agricultor O Rei-Poeta O Rei Trobador | ||
7 | Afonso IV | 7 de xaneiro de 1325 | 28 de maio de 1357 | O Bravo | ||
8 | Pedro I | 28 de maio de 1357 | 18 de xaneiro de 1367 | O Xusticeiro O Cruel O Cru O Vingativo O Até-á-Fin-do-Mundo Apaixonado | ||
9 | Fernando I | 18 de xaneiro de 1367 | 22 de outubro de 1383 | O Fermoso O Belo O Inconstante O Inconsciente | ||
10 | Beatriz I | 22 de outubro de 1383 | 6 de abril de 1385 | (ver nota [1]) |
Designación dada pola historiografía oficial ao período que media a morte de Fernando e a ascensión ao trono do seu medio-irmán, o Mestre de Avis Xoán, e que comprende as rexencias de Leonor Teles de Meneses e do propio Mestre de Avis.
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Notas | |
---|---|---|---|---|---|
Leonor Teles de Meneces | 22 de outubro de 1383 | 16 de decembro de 1383 | Exerce a rexencia en nome da súa filla Beatriz | ||
Xoán, Mestre de Avis | 16 de decembro de 1383 | 6 de abril de 1385 |
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Cognome(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
11 | Xoán I | 6 de abril de 1385 | 14 de agosto de 1433 | O De Boa Memoria O Bo O Grande | ||
12 | Duarte I | 14 de agosto de 1433 | 9 de setembro de 1438 | O Elocuente O Rei-Filósofo | ||
13 | Afonso V | 9 de setembro de 1438 | 11 de novembro de 1477 | O Africano | Abdica en favor do fillo, que asumía xa as funcións de rexente do Reino. | |
14 | Xoán II | 11 de novembro de 1477 | 15 de novembro de 1477 | O Príncipe Perfecto O Tirano | É aclamado rei nas Cortes de Santarén de 1477; abdica ao regresar ao Reino o seu pai. | |
13 | Afonso V | 15 de novembro de 1477 | 28 de agosto de 1481 | O Africano | Reasume a realeza. | |
14 | Xoán II | 28 de agosto de 1481 | 25 de outubro de 1495 | O Príncipe Perfecto O Tirano |
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Cognome(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
15 | Manuel I | 25 de outubro de 1495 | 13 de decembro de 1521 | O Venturoso O Benaventurado O Afortunado | (ver nota[2]) | |
16 | Xoán III | 13 de decembro de 1521 | 11 de xuño de 1557 | O Piadoso O Pío | ||
17 | Sebastián I | 11 de xuño de 1557 | 27 de agosto de 1578 | O Desexado O Encuberto O Adormecido | ||
18 | Henrique I | 27 de agosto de 1578 | 31 de xaneiro de 1580 | O Casto O Cardeal-Rei O Evorense/O de Évora | ||
# | Consello de Gobernadores do Reino de Portugal | 31 de xaneiro de 1580 | 24 de xullo de 1580 | |||
19 | Antonio I | 24 de xullo de 1580 | 25 de agosto de 1580 (en Portugal Continental) 1583 (na illa Terceira) | O Prior do Crato O Determinado O Loitador O Independentista | (ver nota[3]) |
Os soberanos desta dinastía foron tamén reis de Castela, Países Baixos, Nápoles, Sicilia, León, Aragón, Valencia, Galicia, Navarra, Granada, duques da Borgoña etc., títulos xenericamente reunidos baixo a designación de Reis de España.
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Cognome(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
20 | Filipe I | 1581 | 13 de setembro de 1598 | O Prudente | tamén Filipe II en España (1556-1598) (ver nota[4]) | |
21 | Filipe II | 13 de setembro de 1598 | 31 de marzo de 1621 | O Pío O Piadoso | Filipe III en España (1598-1621) | |
22 | Filipe III | 31 de marzo de 1621 | 1 de decembro de 1640 | O Grande | Filipe IV en España (1621-1665) |
Durante este período de sesenta anos, os reis fixéronse representar en Portugal por un vicerrei ou un corpo de gobernadores - véxase a lista de vicerreis durante a dinastía filipina.
Á revolta do 1 de decembro de 1640 seguiuse a Guerra da Aclamación, despois chamada, pola historiografía romántica do século XIX, como Guerra da Restauración.
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Cognome(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
23 | Xoán IV | 15 de decembro de 1640 | 6 de novembro de 1656 | O Restaurador O Afortunado | ||
24 | Afonso VI | 6 de novembro de 1656 | 12 de setembro de 1683 | O Vitorioso | Rexencias de Luísa de Gusmán (6 de novembro de 1656 – 23 de xuño de 1662) e do Infante Pedro (23 de novembro de 1668 – 12 de setembro de 1683) | |
25 | Pedro II | 12 de setembro de 1683 | 9 de decembro de 1706 | O Pacífico | Rexente durante a incapacidade do irmán | |
26 | Xoán V | 6 de decembro de 1706 | 31 de xullo de 1750 | O Magnánimo O Magnífico O Rei-Sol Portugués O Freirático | ||
27 | Xosé I | 31 de xullo de 1750 | 24 de febreiro de 1777 | O Reformador | ||
28 | María I | 24 de febreiro de 1777 | 20 de marzo de 1816 | A Piadosa (en Portugal) A Louca (no Brasil) | Rexencia do Príncipe Xoán (despacho gobernativo: 1792 – 1799; rexente: 15 de xullo de 1799 – 20 de marzo de 1816) | |
# | Pedro III | 24 de febreiro de 1777 | 5 de marzo de 1786 | O Capacidonio O Sacristán O Edificador | Rei-consorte de María I | |
29 | Xoán VI | 20 de marzo de 1816 | 10 de marzo de 1826 | O Clemente | Rexente de Portugal 1792-1799; Príncípe rexente de Portugal e Algarves 1799-1808; Príncípe rexente de Portugal, Brasil e Algarves (1808-1816; Rei do Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarves (1816-1825); Rei de Portugal e dos Algarves e Imperador Titular do Brasil (1825-1826) | |
30 | Pedro IV | 26 de abril de 1826 | 2 de maio de 1826 | O Rei-Soldado O Rei-Imperador O Libertador | Tamén Emperador do Brasil (1 de decembro de 1822 – 7 de abril de 1831); rexente de Portugal (1831 – 1834) | |
31 | María II | 2 de maio de 1826 | 11 de xullo de 1828 | A Educadora A Boa-Mai | ||
32 | Miguel I | 11 de xullo de 1828 | 26 de maio de 1834 | O Rei Absoluto O Absolutista O Tradicionalista O Usurpador | Rexente en nome de María II (2 de maio de 1826 – 11 de xullo de 1828) | |
31 | María II | 20 de setembro de 1834 | 15 de novembro de 1853 | A Educadora A Boa-Mai | Rexencia do pai Pedro (1831 – 1834) | |
# | Fernando II | 16 de setembro de 1837 | 15 de novembro de 1853 | O Rei-Artista | Rei-consorte de María II; oriúndo da familia de Saxe-CobúrgoGotha (ver nota[5]) | |
33 | Pedro V | 15 de novembro de 1853 | 11 de novembro de 1861 | O Esperanzado O Ben-Amado O Moi Amado | Rexencia do pai Fernando (15 de novembro de 1853 - 16 de setembro de 1855) | |
34 | Lois I | 11 de novembro de 1861 | 19 de outubro de 1889 | O Popular O Bon | ||
35 | Carlos I | 19 de outubro de 1889 | 1 de febreiro de 1908 | O Diplomático O Martirizado O Mártir O Oceanógrafo O Rei-Pintor | (ver nota[6]) | |
36 | Manuel II | 1 de febreiro de 1908 | 5 de outubro de 1910 | O Patriota O Desventurado O Estudoso O Rei-Saudade | Implantación da República |
(*) Todos estes reis foron tamén soberanos do reino do Algarve, a partir de Afonso III; antes del, Sancho I usou ese título (ou o alternativo rei de Silves) entre 1189 e 1191.
Ao longo da historia, o título oficial dos Reis de Portugal foi alterándose. Os Reis de Portugal tiveron os seguintes títulos:
Período | Título | Usado por | Motivo |
---|---|---|---|
1140–1189 | Pola Graza de Deus, Rei dos Portugueses (Dei Gratiae, Rex Portugalensium) | Afonso Henriques, Sancho I | |
1189–1191 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e de Silves | Sancho I | Tomada de Silves (1189) |
1191–1249 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal (Dei Gratiae, Rex Portugaliae) | Sancho I, Afonso II, Sancho II, Afonso III | Perda de Silves, retomada polos Almóadas (1191) |
1249–1369 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve (Dei Gratiae, Rex Portugaliae & Algarbii) | Afonso III, Dinis, Afonso IV, Pedro I, Fernando I | Conquista definitiva do Algarve (1249) |
1369–1371 | Pola Graza de Deus, Rei de Castela, de León, de Portugal, de Toledo, de Galiza, de Sevilla, de Córdoba, de Murcia, de Xaén, do Algarve, de Alxeciras e Señor de Molina | Fernando I | Pretensión de Fernando á Coroa de Castela |
1371–1383 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve | Fernando I | Renuncia aos títulos castellanos despois da Paz de Alcoutín (1371) |
1383–1385 | Pola Graza de Deus, Raíña de Castela, de León, de Portugal, de Toledo, de Galiza, de Sevilla, de Córdoba, de Murcia, de Xaén, do Algarve, de Alxeciras e Señora da Biscaia | Beatriz I e Xoán I de Castela | Pretensión de Beatriz á Coroa de Portugal |
1385–1415 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve | Xoán I | Renuncia aos títulos castellanos despois da derrota de Xoán I de Castela na Batalla de Alxubarrota (1385) |
1415–1458 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve, e Señor de Ceuta | Xoán I, Duarte, Afonso V | Conquista de Ceuta (1415) |
1458–1471 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve, e Señor de Ceuta e de Alcácer en África | Afonso V | Conquista de Alcácer Ceguer (1458) |
1471–1475 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África | Afonso V | Conquista de Arcila e Tánxer (1471) e elevación do señorío do Norte de África á condición de Reino d'Alén-Mar |
1475–1479 | Pola Graza de Deus, Rei de Castela, de León, de Portugal, de Toledo, de Galiza, de Sevilla, de Córdoba, de Xaén, de Murcia, dos Algarves d'Aquén e d'Alén Mar en África, de Xibraltar, de Alxeciras, e Señor da Biscaia e de Molina | Afonso V | Pretensión de Afonso V á Coroa de Castela, polo seu casamento con ’‘Xoana, a Beltranexa’‘ |
1479–1485 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África | Afonso V, Xoán II | Renuncia aos títulos castellanos despois da Paz das Alcáçovas-Toledo |
1485–1499 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, e Señor da Guiné | Xoán II, Manuel I | Creación do señorío da Guiné abranguendo as posesións portuguesas que se estendían polo Golfo da Guiné |
1499–1580 | Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopía, Arabia, Persia e India etc. | Manuel I, Xoán III, Sebastián, Henrique, Antonio | Despois do regreso de Vasco da Gama da India, en 1499, o título rexio reformúlase e atinxe a súa plenitude |
1580–1640 | Pola Graza de Deus, Rei de Castela, de León, de Aragón, das Dúas Sicilias, de Xerusalén, de Portugal, de Navarra, de Granada, de Toledo, de Valencia, de Galiza, de Mallorca, de Sevilla, da Sardeña, de Córdoba, da Córsega, de Murcia, de Xaén, dos Algarves, de Alxeciras, de Xibraltar, das Illas de Canaria, das indias Orientais e Occidentais, Illas e Terra Firme do Mar-Océano, Conde de Barcelona, Señor da Biscaia e de Molina, Duque de Atenas e de Neopatria, Conde de Rosellón e da Sardeña, Marqués de Oristano e de Gociano, Arquiduque de Austria, Duque da Borgoña, do Brabante e de Milón, Conde de Habsburgo, da Flandres e do Tirol etc. | Filipe I, Filipe II, Filipe III | Co dominio filipino, xúntanse os demais títulos dos Austrias á titulatura portuguesa |
1640–1815 | Pola Graza de Deus, Rei (ou Raíña) de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor(a) da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopía, Arabia, Persia e India etc. | Xoán IV, Afonso VI, Pedro II, Xoán V, Xosé I, María I (con Pedro III) | Coa Restauración da Independencia (1640), regresase ao vello estilo adoptado por Manuel I |
1815–1825 | Pola Graza de Deus, Rei (ou Raíña) do Reino Unido de Portugal, Brasil e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor(a) da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopía, Arabia, Persia e India etc. | María I, Xoán VI | O Brasil elévase a Reino dentro do Imperio Portugués (1815) |
1825–1910 | Pola Graza de Deus, Rei (ou Raíña) de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor(a) da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopía, Arabia, Persia e India etc. | Xoán VI, Pedro IV, Miguel I, María II (con Fernando II), Pedro V, Lois I, Carlos I, Manuel II | Despois do recoñecemento da independencia do Imperio do Brasil por Xoán VI (1825), retórnase á fórmula anterior, que existirá até á fin da Monarquía |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.