Unha repetición rica en leucina (LRR) é un motivo estrutural de proteína que forma un pregamento en ferradura α/β.[1][2] Está composta de tramos de 20 a 30 aminoácidos repetidos que son inhabitualmente ricos no aminoácido hidrofóbico leucina. Estas repeticións xeralmente préganse xuntas para formar un dominio proteico de solenoide, denominado dominio de repeticións ricas en leucina. Normalmente, cada unidade repetida ten unha estrutura de febra beta-xiro-hélice alfa, e o dominio ensamblado, composto de moitas desas repeticións, ten forma de ferradura cunha folla beta paralela interior e un conxunto exterior de hélices. Unha face da folla beta e un lado do conxunto de hélices están expostos ao solvente e están, por tanto, dominados por residuos hidrófilos. A rexión entre as hélices e follas é o núcleo hidrofóbico da proteína e está estreitamente empaquetado estericamente con residuos de leucina.
Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Pechar
Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Pechar
Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Repetición rica en leucina |
---|
Internalina h: estrutura cristalina de dominios N-terminais fusionados. |
Identificadores |
---|
Símbolo | LRR_adjacent |
---|
Pfam | PF08191 |
---|
InterPro | IPR012569 |
---|
|
Pechar
Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Pechar
Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Pechar
Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Pechar
Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Pechar
As repeticións ricas en leucina están implicadas frecuentemente na formación de interaccións proteína-proteína.[3][4]