República Socialista de Bosnia e Hercegovina
From Wikipedia, the free encyclopedia
A República Socialista de Bosnia e Hercegovina (en serbocroata: Socijalistička Republika Bosna i Hercegovina, Социјалистичка Pепублика Босна и Херцеговина) foi un dos estados socialistas que formaban a antiga República Federal Socialista de Iugoslavia. É o predecesor da actual Bosnia e Hercegovina, e formouse durante unha sesión da resistencia antifascista en Mrkonjić Grad o 25 de novembro de 1943. A República socialista disolveuse en 1990, cando abandonou as institucións comunistas e aprobou sistemas democráticos.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado desaparecido | República Federal Socialista de Iugoslavia | ||||
Capital | Saraxevo | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | Lingua serbocroata | ||||
Xeografía | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 28 de abril de 1945 | ||||
Disolución | 3 de marzo de 1992 | ||||
Sucedido por | República da Bósnia e Herzegovina (pt) e Republika Srpska (pt) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Estado socialista | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Parlamentar da Bósnia e Herzegovina (pt) , | ||||
Moeda | dinar iugoslavo (pt) | ||||
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A súa capital foi a cidade de Saraxevo, que se mantivo trala independencia do país.
As fronteiras da RS de Bosnia e Hercegovina eran case idénticas ás que tivo Bosnia durante o período de ocupación do Imperio Austro-Húngaro que se mantivo até 1918. Ese ano Bosnia pasou a formar parte do Reino de Iugoslavia e o territorio foi dividido entre as banovias (condados).