Resistencia eléctrica
oposición ao paso de corrente / From Wikipedia, the free encyclopedia
A resistencia eléctrica dun obxecto é unha medida da súa oposición ao paso de corrente e é directamente proporcional á lonxitude e inversamente proporcional á súa sección transversal:
onde ρ é o coeficiente de proporcionalidade ou a resistividade do material.
Descuberta por Georg Ohm en 1827, a resistencia eléctrica ten un parecido conceptual á fricción na física mecánica. A unidade da resistencia no Sistema Internacional de Unidades é o ohmio (Ω). Para a súa medición na práctica existen diversos métodos, entre os que se encontra o uso dun ohmnímetro. Ademais, a súa cantidade recíproca é a condutancia, medida en Siemens.
A resistencia de calquera obxecto depende da súa xeometría e da súa coeficiente de resistividade a determinada temperatura: aumenta conforme é maior a súa lonxitude e diminúe conforme aumenta o seu grosor ou sección transversal. Cálculo experimental de la resistividad de un materialarquivado dende o orixinalArquivado 09 de novembro de 2013 en Wayback Machine. o de novembro de 2013 (en castelán) Ademais, de acordo coa lei de Ohm a resistencia dun material pode definirse como a razón entre a caída de tensión e a corrente en dita resistencia, así:[1]
onde R é a resistencia en ohmios, V é a diferenza de potencial en voltios e I é a intensidade de corrente en amperios.
Segundo sexa a magnitude desta medida, os materiais pódense clasificar en condutores, illantes e semicondutores. Existen ademais certos materiais nos que, en determinadas condicións de temperatura, aparece un fenómeno denominado supercondutividade, no que o valor da resistencia é practicamente nulo.