Retinal
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O retinal, tamén chamado retinaldehido, é unha forma de vitamina A. Orixinalmente chamouse retineno,[2] e foi renomeado[3] despois de que se descubriu que era o aldehido da vitamina A.[4][5] O retinal é unha das moitas formas da vitamina A (cuxo número varía coa especie). Pode encontrarse nas formas 11-cis-retinal e todo-trans-retinal. O retinal é un cromóforo polieno, que está unido a proteínas chamadas opsinas, e nel está baseada a química da visión animal. Ademais, o retinal permite que certos microorganismos convertan a luz en enerxía metabólica.
- Este artigo trata da molécula ; para retinal como adxectivo referido á retina, ver retina.
Todo-trans-retinal | |
---|---|
(2E,4E,6E,8E)-3,7-Dimetil-9-(2,6,6-trimetilciclohexen-1-il)nona-2,4,6,8-tetraenal | |
Outros nomes Retineno, retinaldehido, vitamin A aldehido, RAL | |
Identificadores | |
Número CAS | 116-31-4 |
PubChem | 638015 |
ChemSpider | 553582 |
UNII | RR725D715M |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C20H28O |
Masa molar | 284,44 g mol−1 |
Aspecto | Cristais laranxa en éter de petróleo[1] |
Punto de fusión | 61–64 °C; 142–147 °F; 334–337 K |
Solubilidade en auga | Case insoluble |
Solubilidade en fat | Soluble |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Os animais vertebrados inxiren retinal directamente da carne, ou prodúceno a partir de carotenoides, tanto a partir dun ou dous carotenos (α-caroteno, β-caroteno) coma a partir de β-criptoxantina, un tipo de xantofila. Á súa vez, estes carotenoides deben obterse de plantas e outros organimos fotosintéticos. Ningún outro carotenoide pode ser convertido polos animais en retinal, e algúns carnívoros non poden converter ningún carotenoide en absoluto. As outras formas principais de vitamina A son o retinol e unha forma parcialmente activa, o ácido retinoico, que poden ambos ser producidos a partir de retinal.
Invertebrados como os insectos e luras usan formas hidroxiladas do retinal nos seus sistemas visuais, que derivan da conversión doutras xantofilas.