Revolución Belga
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Revolución Belga foi un conflito que provocou secesión das provincias do Sur do Reino Unido dos Países Baixos, establecéndose o independente Reino de Bélxica.
A Revolución Belga | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Episodio da Revolución Belga de 1830, Gustaf Wappers (1834), (Museo de Belas Artes, Bruxelas) | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Rebeldes belgas Bélxica (dende comezos de 1831) Reino de Francia |
Reino Unido dos Países Baixos | ||||||
Líderes | |||||||
Baron Surlet de Chokier Charles Rogier Étienne Maurice Gérard |
Rei Guillerme I Príncipe herdeiro Guillerme | ||||||
Forzas en combate | |||||||
Descoñecido 60.000 homes[1] |
50.000 homes[1] |
A poboación do sur era na súa maioría católicos; preto da metade de fala francesa. Moitos liberais consideraban o reinado de Guillerme I como despótico. Había altas taxas de desemprego e un malestar crecente entre o proletariado.[2]
O 25 de agosto de 1830 estalaron disturbios en Bruxelas e as tendas foron saqueadas. Os espectadores dun teatro que acababan de ver unha ópera nacionalista uníronse á multitude. Os levantamentos estendéronse por outras partes do país. As fábricas foron ocupadas e as máquinas destruídas. Restaurouse a orde brevemente despois de que Guillerme enviara ás súas tropas ás provincias do sur, porén, os radicais alcanzaron o poder e comezaron a falar de secesión.[3]
Entre as tropas holandesas déronse desercións en masa dos recrutas das provincias do sur, polo que tiveron que retirarse. Os Estados Xerais de Bruxelas votaron a favor da secesión e declararon a independencia. A raíz disto, congregouse o Congreso Nacional. O Rei Guillerme abstívose de realizar accións militares e fixo un chamamento ás grandes potencias europeas. Na resultante conferencia celebrada en Londres as principais potencias europeas recoñeceron a independencia de Bélxica. Tras a coroación de Leopoldo I como "Rei dos Belgas" en 1831, o Rei Guillerme fixo un tardío intento militar de reconquistar Bélxica e restablecer o seu trono a través dunha campaña militar. Esta "Campaña dos Dez Días" fracasou debido á intervención militar de Francia. Non foi ata 1839 cando os holandeses aceptaron a decisión tomada na Conferencia de Londres e a independencia belga, cousa que fixeron coa sinatura do Tratado de Londres.