As rexións determinantes da complementariedade (CDR, polas súas siglas en inglés) son unha parte dos dominios variables das cadeas pesada e lixeira das inmunoglobulinas (anticorpos) producidos polas células B, e dos receptores da célula T, situados na superficie das células T, por onde estas moléculas se unen ao seu antíxeno de maneira altamente específica. Un conxunto de CDR constitúe un parátopo. Como son as partes máis variables desas moléculas, os CDR son esenciais para a diversidade de especificidades para o antíxeno xeradas polos linfocitos.

Thumb
Parte "superior" dun anticorpo (rexión Fab). As rexións determinantes da complementariedade da cadea pesada das inmunoglobulinas móstranse en vermello (PDB 1IGT).

Localización e estrutura

Thumb
Esquema dun anticorpo cos seus dominios variables en azul, e os CDR (que forman parte de ditos dominios variables en azul claro.

Na secuencia de aminoácidos dun dominio variable dun receptor de antíxeno hai tres CDR (CDR1, CDR2 e CDR3) situados non consecutivamente . Como os receptores de antíxeno están formados tipicamente por dous dominios variables (en dúas cadeas polipeptídicas diferentes, a cadea pesada das inmunoglobulinas e a lixeira), hai seis CDR en cada receptor de antíxeno que fan contacto en conxunto co antíxeno. Unha soa molécula de anticorpo ten dous receptores de antíxenos (nos extremos da rexión Fab) e, por tanto, contén doce CDR. Nun anticorpo pentamérico como a IgM hai 60 CDR en total

Como a maior parte da variación de secuencia asociada coas inmunoglobulinas e receptores de células T (TCR) se encontra nos CDR, estas rexións denomínanse ás veces rexións hipervariables.[1] Dentro do dominio variable, CDR1 e CDR2 encóntranse na rexión (V) da cadea polipeptídica, e CDR3 inclúe parte da rexión V, e toda a rexión de diversidade (D, só na cadea pesada) e a rexión de empalme ou unión (J).[2] A CDR3 é a máis variable.

A estrutura terciaria dun anticorpo é importante para analizar e deseñar novos anticorpos. As estruturas tridimensionais dos CDR non H3 de anticorpos foron agupadas e clasificadas por Chothia et al.[3] e máis recentemente por North et al.[4] A modelización de homoloxía é un método computacional para construír estruturas terciarias a partir de secuencias de aminoácidos. As denominadas regras H3 son regras empíricas para construír modelos de CDR3.[5]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.